Marzo 2018

SEMANA DA PRENSA

Do 5 ao 9 de Marzo celebramos a Semana da Prensa nas escolas galegas, e como coincidiu coa semana do día da Muller Traballadora, dende a escola de San Paio buscamos noticias sobre mulleres nos xornais. E enchemos o noso Noticieiro de Rosalía con noticias de mulleres. Analizamos algunha das noticias e quedamos impresionad@s cunha "Ana Peleteiro gaña a medalla de bronce nos mundiales de atletismo" . O triple salto foi de 14,40.

As nenas e os nenos de Primaria da escola de San Cristovo analizaron a noticia dun xornal e as súas partes.

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Coma todos os anos, o CRA Amencer celebra o 8 de Marzo, o día da Muller Traballadora. Homenaxeamos a mulleres importantes da historia (Coco Chanel, Frida Kahlo, Dian Fossey, Ella Fitzgerald, Agatha Cristie, Malala) e como non, a mulleres importantes para @s nos@s nen@s (as súas nais e avoas) Aquí vos deixo os traballos que fixemos as distintan escolas do CRA: Francelos, San Cristovo e San Paio.

EL LOBO DE LOS CUENTOS

No mes de febreiro, os nen@s de primaria de San Cristovo traballamos o conto “El lobo de los cuentos”.  Nesta curta historia poñémonos no lugar do lobo, e reflexionamos sobre o seu papel nos contos infantiles.

O lobo deste conto está cansado de ser sempre malo, agora quere ser bo. Cambia o seu rol, e pode que os nenos o empecen a ver con outros ollos, e tamén aprenderán que existe a posibilidade de cambiar o comportamento. Adentrámonos no mundo das emocións recoñecendo como se vai sentindo o lobo ó longo da historia.

Como con todos os contos, fixemos unha pequena manualidade: un lobo cun rolo de papel hixiénico e dous tapóns de botellas de auga.

ANIMACIÓN Á LECTURA

No mes de xaneiro, os nenos da escola de San Cristovo de Primaria, estiveron traballando o conto: Abrázame, de Simona Ciraola, un  álbum ilustrado moi emotivo. O seu protagonista, Felipe naceu nunha familia á que lle gusta ter todo moi ordeado, pero sobre todo non invadir nunca o espacio persoal dos demais. Pero Felipe pensaba que a súa familia se preocupaba por cousas sen importancia e nin sequera se daban abrazos.  Abrázame é un libro cheo de valores para ler, reler e reflexionar. Conta o importante que é o contacto cos seres queridos, e non deixarse levar polos convencionalismos da sociedade.

No mes de febreiro, traballaron o conto: La montaña de libros más alta del mundo, de Rocio Bonilla, un precioso álbum ilustrado que nos transmite a maxia que nos chega a través dos libros e como o amor pola lectura nos leva alá onde queiramos, soamente coa nosa imaxinación.