Abril 2017

ACTIVIDADES DO MES DE ABRIL 2017: MES DOS LIBROS

Estas son algunhas das actividades que realizamos durante o mes dos libros deste ano:

- Exposición e intercambio de libros

- Cestas con libros na hora do recreo

- Padriños e madriñas lectores

- O meu libro favorito: todos os nen@s debuxaron a portada do seu libro favorito.

- Animación á lectura con contos moi variados:

  • Las jirafas no pueden bailar

  • Voy a comedte

  • La ardilla miedosa

  • El pez arcoiris. Pincha na imaxe para ver todo.

 - Fixeron un libro de plantas aromáticas

- Na escola de San Paio, a mamá de Joel contoulles un conto en alemán e crearon o libro de "Oso ten frío". Pincha na imaxe.

Tamén dende a materia de música elaboraron un libro dos instrumentos feitos con materiais de refugallo

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

O 2 de abril ás 12:00 h a Biblioteca de Ribadavia celebrará o Dia do Libro Infantil e Xuvenil con esta estupenda actividade, teatro infantil para toda a familia, A galiña azul de Carlos Casares, que como sabedes é o homenaxeado este ano o Dia das Letras Galegas. Ao finalizar o teatro, cada familia recibirá de agasallo o libro da obra.

Ademais tamén inauguran unha exposición titulada Contos musicados, aunando dúas disciplinas moi importantes na ensinanza e na cultura, as letras e a musica, que neste caso, enlázanse. Espero que vos goste e dar así a coñecer a ampla colección de libros con CD de música que tedes a vosa disposición na Biblioteca de Ribadavia.