Novembro 2017

XOANA TORRES (Santiago de Compostela, 1931 - Vigo, 2017)

Este mes de novembro homenaxeamos a Xoana Torres, escritora galega e membro da Real Academia. Deixounos unha ampla  obra que  abarca poesía, narrativa, ensaio e literatura infantil, á parte de contribuír na súa tarefa como escritora con espazos radiofónicos

No seu libro de poemas Olas Atlánticas temos un poema que fai referencia a nosa vila “Sibila en Ribadavia”

Aquí vos deixo os traballos que fixemos  da súa literatura  infantil: Polo mar van as sardiñas (1968) e  Pericles e a balea (1984).

¡COMO MOLA TU ESCOBA!

Este mes de outubro na escola de San Cristovo, os nenos de Educación Primaria estiveron traballando o conto ¡Como mola tu escoba! Unha bruxa voa coa sua gata… pero o vento arrancalle primeiro o gorro, logo o lazo e a vara. En cada ocasión, a bruxa aterriza para recoller o que lle cae e faise amiga dun can, dun loro e dunha rá. A todos lles mola a súa escoba e lle piden voar nela. A xenerosidade da bruxa vese recompensada cando un temible dragón está a punto de comela.

Xenerosidade, empatía, amizade...valores que se traballaron no conto e actividades como debuxo libre, marionetas para contar o conto, marionetas de dedo, laberinto que axuda a bruxa a atopar cousas perdidas, descripcións de personaxes e sopa de letras. Aquí vos deixo unhas fotos para que o vexades.

 

MAGOSTO CON TEATRO NA ESCOLA DE SAN CRISTOVO. O SOUTO DOS PRODIXIOS

Nada é imposible baixo os castiñeiros !!!

Os ourizos falan en varios idiomas, os raposos cantan máis que ben, os coellos bailan zapateado e muiñeira, os sapos compoñen poemas que riman e os osos fan punto de cruz nas silveiras. Temos xirasoles que dormen de día, hai fentos xigantes que soben á lua. As estrugas non pican se lles chiscas un ollo. Aquí non hai pena , só hai alegría.

O día do magosto a parte dos xogos e talleres, a fogueira e a festa houbo teatro con música e unha historia na que os rapaces do CRA disfrutaron un montón, xa que eles foron protagonistas do souto dos prodixios.

SAMAÍN

No Samaín a biblioteca escolar do noso CRA e os espacios lectores das escolas ambiéntanse para a ocasión, traballamos unha morea de contos con este motivo. Aquí vos deixo un resumo de fotos para que o disfrutedes.