Outubro 2018

SAMAÍN 2018

Dende o equipo de biblioteca fixemos unha selección de contos terroríficos para celebrar o Samaín.

Durante a semana do Samaín, a mestra Raquel estivo traballando o conto de CARABUÑAS co alumnado de infantil das tres escolas.

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS, tivemos un contacontos moi especial no colexio.  O mestre Álvaro de música contounos o conto do PAPÓN.

 

ABEL

Abel trouxo o seu libro preferido da casa e quixo ensinarllo aos seus compañeiros de San Cristovo.

Ademais tamén lles cantou unha canción

BOLSAS QUE VEÑEN E VAN

Na escola de San Paio quixeron aproveitar o bo tempo e sairon ao bosque a contarlles as árbores, aos mouchos e a mascota Xoaniña Rosalía os contos que levaron nas bolsiñas laranxas o fin de semana.