Xaneiro 2017

DIA DA PAZ 2017

Estas son algunhas das actividades que imos realizar o Día da PAZ:

  • Manualidade dunha pomba con mensaxes de paz en galego ou palabras relacionadas coa paz.
  • Mandalas da paz.
  • Videoconferencia das tres escolas coa canción "Siyahamba".
  • Conto "Un chocolate muy especial"

GUÍA NADAL 2016

Este ano a guía de recomendacións de Nadal fixémola en colaboración co CEIP de Castrelo de Miño.

Foi todo un pracer traballar con eles.

 

 

PROXECTO DOCUMENTAL: A RECICLAXE

O proxecto documental deste ano xirou arredor da RECICLAXE.

Estes son algúns dos libros que mercamos para traballar o proxecto

Empezamos o noso proxecto cunha xornada educativa e didáctica promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Sogama. A campaña de Concienciación e Educación Ambiental sobre Residuos Domésticos "Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor".

Os nosos alumnos aprenderon á regla dos 3R: reducir, reutilizar e reciclar.

 

Despois, o día que celebramos o Magosto, fixemos un taller creativo de reciclaxe.

Durante todo o curso fixéronse varias manualidades con materiais de refugallo