Abril 2019

VISITA GUIADA AO BOSQUE RIDIMOAS

O luns 29 de abril fixemos unha saída ata o bosque de Ridimoas, que está en Beade, moi preto da escola de San Cristovo.
Ridimoas é unha Asociación Cultural-Ecolóxica para a defensa e estudio dos bosques autóctonos.
Tivemos unha visita guiada, onde os nosos guías foron Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén) e a súa filla Paula.
Ensináronnos moitas cousas sobre a flora (avea, xestas blancas, carballos, bugallos, hedras, érbedos, toxos, pereiras silvestres,..) e a fauna (larvas de píntega, píntegas)  de Ridimoas.
Foi unha xornada especial, onde aprendimos moitas cousas diferentes.

 

PAPÁ BOLECHAS DOA SANGUE

O venres 26 de abril fixemos entrega do libros dos bolechas: PAPÁ BOLECHAS DOA SANGUE, que nos entregou a Axencia de doazón de órganos e sangue. A través deste libro, os nenos e nenas poden coñecer para qué serve e cómo se realiza unha doazón de sangue.

Moitas grazas a Carmen Fernández Gil, da Axencia de doazón de órganos e sangue, da área sanitaria de OURENSE por contar con nós.

OS SEGREDOS DE BLEF

O mércores 24 de abril tivemos un obradoiro

"OS SEGREDOS DE BLEF" - EMONAUTAS.

Faláronnos das emocións: da rabia, do medo, da tristeza,...

Primeiro fixemos varios blef en tamaño grande para decorar a nosa biblioteca e despois fixemos un colgante cun blef máis pequeniño para levar para a casa.

Pasámolo xenial!!!!

EL QUIJOTE

Así debuxaron o Quijote os alumnos da escola de Francelos.

ABRIL: MES DOS LIBROS

O 23 de abril, día do libro, comezamos o día asistindo ao contacontos "AMODO AMODIÑO" de Trécola Teatro na Casa de Cultura de Ribadavia. Despois visitamos a sala infantil da Biblioteca pública de Ribadavia e a exposición Alimenta o teu cerebro e Tere nos deu uns marcapáxinas conmemorativo do Día do Libro.

De regreso nas escolas, pintamos os marcapáxinas e rematamos os libros de madeira coa poesía que fixemos.

2 ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Dede 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis xóvenes.

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor/a representativo e a un recoñecido ilustrador/a do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e se promova a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librerías, etc.

A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2019 correspondeulle a Lituania. A autoría do texto e a ilustración son de Kestius Kasparavicius, quen titula a súa mensaxe: Os libros fannos acougar.