Maio 2017

RESUMO ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS

Na seguinte presentación podedes ver as actividades que fixeron nas tres escolas durante a semana das Letras Galegas

Tamén fixemos un cartaz colaborativo entre os alumn@s das tres escolas

ANXO FARIÑA

O luns 15 de maio tivemos unha visita moi especial, Anxo Fariña (escritor, ilustrador e diseñador galego). Entre as súas obras máis coñecidas para os máis pequenos están as seguintes: a colección de Antón e Pompón, Don Quixote e Breogán, Os Pelelliños, Os Megatoxos, ....

Primeiro fixo un contacontos ilustrado para o alumnado de infantil do CRA e despois un obradoiro de ilustración para o alumnado de 1º e 2º curso de primaria (aprenderon a debuxar a partir de letras, a partir do debuxo dunha patata,....).No seguinte video podedes ver todo o que aprenderon e o ben que o pasaron.

 

Grazas a Anxo Fariña por facer as delicias d@s nos@s alumn@s e tamén a Teresa, a encargada da Biblioteca Pública de Ribadavia, que nos prestou a Sala Infantil para levar a cabo dita actividade.

Estas son algunhas das láminas que nos deixou para o cole:

 

Tamén nos firmou no libro de visitas

 

E agasallounos cun lote de libros para a nosa biblioteca

 

MOCHILAS VIAXEIRAS

Outro curso máis, e xa van sete, puxemos en marcha as mochilas viaxeiras que percorren as casas dos nosos alumn@s. Van cargadas de libros e peliculas para toda a familia. Este curso puxemos en marcha 4 mochilas, desde finais do mes de xaneiro ata mediados do mes de maio. A continuación podedes ver os debuxos e as opinións dos nenos e das familias.

 

LETRAS GALEGAS 2017

Programación da Semana Cultural das Letras Galegas

  • Desenvolverase do 15 ao 19 de maio de 2017.
  • 15 maio: Contacontos ilustrado e obradoiro de ilustración con Anxo Fariña.
  • Este ano está adicada a CARLOS CASARES.
  • Actividades previstas:
  • Unidades didácticas (E.I. e E.P.) para coñecer a vida e obra deste autor.
  • LIMS para E.I. e E.P. sobre este autor.
  • Audicións de música galega: "Xiqui Xoque, Fiú Fiú" de María Fumaça, "Na punta do pé" de Pesdelán e "Brinca Vai" de Paco Nogueiras.
  • Entrega de chapas de Carlos Casares.

 Actividades en liña do Seminario Galán

 

 PRIMAVERA DAS LETRAS