Skip to Content

Xornada de portas abertas

O próximo 7 de marzo terá lugar unha xornada de portas abertas no noso centro. Convidámosvos a asistir para coñecer o CPI e preguntar todas aquelas dúbidas que vos poidan xurdir. Esperámosvos!

Mandados do Meco

A vindeira semana recibiremos a visita do Meco Paquito, un personaxe entrañable do Entroido e do CPI de San Sadurniño que é un pouco mandón e que nos irá mandando cada día traer unha cousa.

Nesta entrada iredes vendo o que tedes que traer o día seguinte.

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ E OS MANDADOS DO MECO TES QUE SEGUIR!

1. LUNS 13 DE FEBREIRO

 

2. MARTES 14 DE FEBREIRO

 

3. MÉRCORES 15 DE FEBREIRO

 

4. XOVES 16 DE FEBREIRO

 5. VENRES 17 DE FEBREIRO

Celebracións do Nadal e o Día da Paz

Deixámosvos a continuación uns vídeos sobre as actividades e celebracións levadas a cabo no CPI con motivo do Nadal e o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Pinchade nas imaxes para non perder detalle!

Excursión á Coruña do alumnado de 1º da ESO

Visita ao porto interior de A Coruña e ao museo arqueolóxico Castelo de San Antón.

O departamento de Tecnoloxía organizou esta visita guiada para o alumnado de 1º E.S.O.

No porto visitaron as distintas instalacións da lonxa, aprenderon como é a captura, transporte e subasta do peixe, viron os diferentes almacéns de materias primas (millo, madeira, carbón, minerais para facer a fibra óptica, perfís de ferro para facer o formigón armado...) e unha gran encofradora (detrás de nós na foto, a que pon SATO) para facer os caixóns de formigón armado que forman os diques.


Admisión de alumnado - Reserva de praza nun centro adscrito

  • Desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro do 2023, ambos os dous incluídos, estará aberto o prazo de solicitude de reserva de praza en centros de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
  • Tanto a presentación de solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).
  • Recordamos que no caso do CPI de San Sadurniño, os centros adscritos son os seguintes: CEIP de San Ramón (Moeche) e IES Fernando Esquío (Neda).

 Anexo de reserva de praza

Feliz 2023

Cos mellores desexos para o 2023

*Postal realizada por Inés López, de 2º ESO:

 

*Escolma do concurso de postais de Nadal 2022 organizado polo Equipo de dinamización da Lingua Galega:

https://drive.google.com/file/d/1OsK0P4DZV5GwZMV4yA7QHve9-fcwrD9y/view?usp=sharing

 

Por un novo ano cheo de vitalidade para a nosa lingua!

 

Donación de alimentos á Cociña Económica de Ferrol

Grazas á gran participación de alumnado e profesorado na operación Quilo, o CPI de San Sadurniño colaborou un ano máis coa Cociña Económica de Ferrol na campaña de Nadal de recollida de alimentos. 

  “Cun pequeno xesto de cada un, podemos cambiar a difícil realidade doutros”

Operación Quilo de Nadal 2022

Operación Quilo de Nadal 2022

Como anos anteriores, no CPI de San Sadurniño levaremos a cabo a Operación Quilo de Nadal,campaña de recollida de alimentos destinada a colaborar coa Cociña Económica de Ferrol e con Cáritas Parroquial de San Sadurniño, que terá lugar entre os días 1 e 16 de decembro. Consiste en colaborar traendo un quilo de comida ou mais para axudar á xente que máis o necesita. Para non xuntarnos cos mesmos produtos repartimos por cursos o que poden traer, e sería do seguinte xeito:

  • Infantil: Pasta, legumes, fariña.
  • 1º e 2º Primaria: Cacao, café soluble, azucre.
  • 3º e 4º Primaria: Galletas, cereais, pan raiado.
  • 5º e 6º Primaria: Conservas (peixe, vexetal, froitas), leite, fariña.
  • 1º e 2º ESO: Aceite, vinagre, leite, cereais.
  • 3º ESO: Leite, pan raiado, galletas
  • 4º ESO: Aceite, vinagre, conservas.
  • Profes: Auga (botellín de 330 ml), zumes sin azucre (200 ml), aceite, vinagre, viño branco para cociñar

                                                                                                          

Os produtos depositaránse na entrada dos edificios de Primaria e de Secundaria.

Pedímosvos desde aquí a vosa contribución; estamos ante unha ocasión de achegar o noso gran de area de axuda a aqueles que teñen dificultades para comer cada día.

Esperando a vosa colaboración, recibide un cordial saúdo

 

      “Cun pequeno xesto de cada un, podemos cambiar a difícil realidade doutros”

25 N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Desde o CPI de San Sadurniño quixemos contribuír á conmemoración desta data, e fixémolo de diferentes formas: realización de poemas e manifestos, elaboración de carteis, creación de retos para descubrir a orixe deste día... Pinchade na imaxe para ver as actividades realizadas!

Votacións ao Consello Escolar

O vindeiro martes 29 de novembro terán lugar as votacións de todos os sectores ao Consello Escolar. O horario para as devanditas votacións no CPI de San Sadurniño é o seguinte:

- Sector do alumnado: de 12 a 12:25 horas.

- Sector do profesorado: de 17:30 a 18:15 horas.

- Sector de nais/pais e titores/as legais: de 10:15 a 11:45 e de 16:00 a 17:00 horas.

 

A continuación, achegamos información de interese para o proceso de elección de candidatos/as do sector de nais, pais e titores/as legais:

  • Poden votar todos os pais, nais e titores/as legais que figuren no censo do centro.
  • Os candidatos/as deste sector son os seguintes:

              - Castrodá Vázquez, Manuel Cristopher

              - Díaz Durán, Ana

              - Vega Pérez, Noelia

  • Para emitir o voto elixirase, como máximo, un candidato/a; polo tanto, na papeleta só se pode marcar un nome.
  • Para a votación é obrigatorio identificarse co DNI.
  • O lugar para a votación é a entrada do edificio de secundaria.

Agardamos a vosa participación.

Distribuir contido


by Dr. Radut