Skip to Content

PROBAS DE CERTIFICACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

A Xunta vén de convocar as probas de certificación en linguas estranxeiras para o alumnado que cursa 4º ESO, Bacharelato e FP en centros públicos de Galicia. Os estudantes teñen a posibilidade de obter unha acreditación oficial nunha lingua estranxeira totalmente de balde, pois estas probas están financiadas pola Consellería.

Toda a información ao respecto atópase nesta ligazón.

No caso de que algún alumno/a desexe formalizar a súa solicitude, deberá mandar asinado este compromiso ao correo o centro.

FONDO DE LIBROS

  • As listaxes provisionais do Fondo de libros atópanse publicadas no taboleiro de novas do CPI. As listaxes definitivas publicaranse o día 15 de xullo.
  • Datas para a recollida de vales para libros e material escolar: do 12 ao 19 de xullo (ambos os dous incluídos) de 10 a 14 horas.
  • Os vales non entregados en xullo poderán ser recollidos en setembro na secretaría do centro.

Listaxe de solicitudes provisionais de FPB

Novas materias Lomloe (1º e 3º ESO)

 

Xunta de delegados/as

 

Delegados/as curso 2022-2023

 

Funcións da xunta de delegados/as

 

 

Alerta escolar

Toda a información sobre Alerta Escolar nesta ligazón 

 

 

464F2019-AFA5-484C-8C1D-1C759CE56DDC.png

464F2019-AFA5-484C-8C1D-1C759CE56DDC.png

464F2019-AFA5-484C-8C1D-1C759CE56DDC.png

LIBROS DE TEXTO 2022-23

Adxúntase en pdf a listaxe de libros para o curso 2022-23.

 

MATRÍCULA CURSO 2022-23

 

Estimadas familias:

Os prazos para a formalización da matrícula do curso 2022-23 son os seguintes:

 

+Infantil e Primaria: dende o 22 ao 30 de xuño (ambos incluídos)

+Secundaria: dende o 27 de xuño ao 8 de xullo (ambos incluídos)

 

A documentación necesaria para formalizala é a seguinte:

 

Educación Infantil

+Impreso de matrícula (debidamente cuberto)

+Catro fotografías tamaño carné co nome escrito na parte posterior

+As persoas solicitantes de comedor deberán cubrir o modelo de autodeclaración (adxúntase nesta publicación)

Educación Primaria

+Impreso de matrícula (debidamente cuberto)

+As persoas solicitantes de comedor deberán cubrir o modelo de autodeclaración (adxúntase nesta publicación)

Educación Secundaria

+Impreso de matrícula (debidamente cuberto)

+Unha fotografía tamaño carné co nome e o curso escrito na parte posterior

+Fotocopia do DNI actualizada

+As persoas solicitantes de comedor deberán cubrir o modelo de autodeclaración (adxúntase nesta publicación)

+O alumnado de 3º e 4º deberá presentar o xustificante bancario conforme foi pagado o seguro escolar de 1,12 € na conta IBAN ES43 2080 0208 0431 0000 0061 de Abanca.

 

Toda a documentación deberá ser entregada xunto coa matrícula. En caso contrario non será recollida.

Adxúntanse nesta publicación os dous modelos para a formalización da matrícula en pdf, así coma a información relativa á protección de datos. Dita folla de protección de datos deberán cubrila as familias do alumnado de novo ingreso no centro.  

 

AXUDA A UCRAÍNA

Queremos agradecer a enorme acollida que tivo a venda de debuxos e poemas solidarios a favor da ONG Aga-Ucraína. Conseguimos recadar a cantidade de 5039,38 €!

Todo isto foi posible grazas ao traballo do noso alumnado, e tamén grazas á colaboración das familias e dos establecementos colaboradores.

MOITAS GRAZAS A TODOS!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut