O vindeiro martes 29 de novembro terán lugar as votacións de todos os sectores ao Consello Escolar. O horario para as devanditas votacións no CPI de San Sadurniño é o seguinte:
- Sector do alumnado: de 12 a 12:25 horas.
- Sector do profesorado: de 17:30 a 18:15 horas.
- Sector de nais/pais e titores/as legais: de 10:15 a 11:45 e de 16:00 a 17:00 horas.
A continuación, achegamos información de interese para o proceso de elección de candidatos/as do sector de nais, pais e titores/as legais:
- Poden votar todos os pais, nais e titores/as legais que figuren no censo do centro.
- Os candidatos/as deste sector son os seguintes:
- Castrodá Vázquez, Manuel Cristopher
- Díaz Durán, Ana
- Vega Pérez, Noelia
- Para emitir o voto elixirase, como máximo, un candidato/a; polo tanto, na papeleta só se pode marcar un nome.
- Para a votación é obrigatorio identificarse co DNI.
- O lugar para a votación é a entrada do edificio de secundaria.
Agardamos a vosa participación.