Skip to Content

CONCERTO DE NADAL 2021 DO CONSERVATORIO PROFESIONAL E DA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE TUI

XOVES 16 DE DECEMBRO DE 2021 ÁS 20:00 HS. NO TEATRO DA

ÁREA PANORÁMICA (Clik para máis información)

 

RESERVA DE ENTRADAS ONLINE DE

BALDE FACENDO CLIK AQUÍ

     O xoves 16 de decembro de 2021 ás 20:00 hs. no teatro da Área Panorámica de Tui terá lugar o primeiro concerto de nadal postcovid do Conservatorio Profesional e da Escola de Música Municipal de Tui.

     Neste concerto, que forma parte da programación cultural de nadal do Concello de Tui, actuarán alumnos do centro en diferentes formacións que levan traballando duramente nas clases dende o mes de setembro: solistas, grupos de música de cámara, grupo de alumnos de Música e Movemento (5 e 6 anos), Orquestra de corda, Banda e Big Band

     Este concerto terá un carácter moi especial por ser o primeiro concerto de nadal do centro dende que deu comezo a pandemia e de seguro que resultará de moito interese ao público asistente xa que a variedade de formacións e estilos musicais que ofrecerán todos os nosos alumnos son de moita calidade.



blog | by Dr. Radut