CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

TAREFAS XOVES, 14 DE MAIO

Bo día!

Hoxe, comezamos cunha actividade relacionada co Día das Letras Galegas, que como xa sabedes, celébrase o 17 de maio. Este ano o escritor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero.

A vosa labor consistirá en realizar pareados relacionados con esa celebración. Moi sinxelo, xa veredes!

Unha vez feito isto, ímonos centrar en Ciencias Naturais para repasar as utilidades das plantas. Nesta ocasión debedes ir á páxina 34 e facer os exercicios da mesma. 

 

Relacionado con Ciencias e ca estación na que estamos imos facer unha manualidade, en concreto, unha FLOR. Tedes varios días para creala e dentro de Plástica varias ideas, así que estamos seguras de que nos sorprenderedes, coma sempre.

Para o final temos unha actividade super interesante, pois Sara Sousa, vainos presentar a través deste vídeo dous seres vivos,un deles é adorable, xa o veredes. Moi moi atentos!!!!

  Tiñamos razón, verdade?

Agora propoñémosvos un RETO PARA O LUNS:

O outro día investigastes sobre cal era o período de incubación dos ovos dunha galiña.O novo reto consiste en investigar sobre o seguinte:

- Canto dura o período de xestación dun gato?

- Cal é o mamífero que ten o período de xestación máis longo? E o máis curto?

Agardamos as respostas!!!

FELIZ XOVES!!!

 

Actividades Relixión

Ola, de novo, CHIQUILL@S: estou moi contenta porque estades traballando e esforzándovos moito en tódalas asignaturas. NORABOA!!!!, PARA VÓS E AS VOSAS FAMILIAS. Seguide así, campeóns nesta situación difícil para tod@s!!!

O domingo día 3 de maio celebramos o "Día da nosa nai" e seguro que non te olvidaste de felicitar a mamá (HAI QUE FELICITALA E DARLLE-LAS GRAZAS MOITAS VECES Ó LONGO DO DÍA, DO ANO E NA VIDA!!!!!)

Os cristiáns temos tamén como Nai a Virxe María, que é a  Nai de Xesús; Él déunola estando na Cruz, antes de morrer. Celebramos moitas festas dedicadas a Ela e a Igrexa dedícalle tamén o mes enteiro de maio, xa que é o mes das flores.

Esta semana poño tres enlaces :

a) Canción: Hágase de Migueli https://www.youtube.com/watch?v=rzHn6wBvrlk

b) Canción: María Nazaret de Migueli https://www.youtube.com/watch?v=5PcJR7FsFSo

c) Canción: María, la Anunciación y la Flor del sí: https://www.youtube.com/watch?v=kH2dN4ta2iA

TAREA:

a) Fai a FLOR do SÍ ( por diante e detrás) como dice a canción do terceiro enlace.

b) Busca información sobre algunha festa da Virxe María que se celebre no teu concello ou outra que a ti te guste.

TAREA VOLUNTARIA:

a) Podes facerlle unha poesía, una oración a Virxe ou preguntarlle os avós, bisavós, ... se saben algunha e escribila.

b) A FLOR DO SÍ que fixeche podes mandarlla a Virxe da Franqueira (Patrona da Diocese de Tui-Vigo que está no concello da Cañiza). Tamén podes facer debuxos, oracións, peticións, poemas, e fotos de flores da túa casa (dos balcóns ou xardín) e mandarll@s. O cura desa parroquia, D. Xavier Alonso Do Campo impríme@s e ponos no altar á Virxe. O teléfono de Xavier é: 609 472 591 (WhatsApp) e o correo info@afranqueira.org

 

Moitas Grazas, Carmen.

 

 

"EQUILIBRIO"

Ola a todos e todas!

Como nos pedistes algúns nas videoconferencias, imos propoñer un circuito de equilibrio.

Collemos un obxecto (cono, pauciño do xardín etc...) e facemos equilibrio con distintas partes do corpo.

Primeiro nunha man e logo cambiamos. 

Complicámolo facendo o mesmo e facendo zig-zag.

Por último o mesmo facendo equilibrio tamén sobre unha superficie que teñamos: troncos, sillas, banco etc... sempre baixo a supervisión dun papi.

A ver que tal vos sae. Non vos desanimedes pronto, e mandade foto!

efcaselles@gmail.com

 

TAREFAS XOVES 14 MAIO

Boas!

As tarefas de hoxe son as seguintes:

 

  • Caderniño LEO 11 - páxina 11 (Castelán)
  • Caderniño LEO 10 - páxina da lectura: Marta y Elena (Castelán)
  • Matemáticas - Clic na imaxe

Nesta tarefa, en concreto, o debuxo non é preciso colorear ao ter demasiados elementos.

 

Unha vez feitas as tarefas, facédelas chegar ao noso correo.

 

Se a facedes interactiva dádelle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com.

Ficha interactiva MATEMÁTICAS

Novas tarefas alumnado de 4ºA. Carmen Lago

Decimales. Pincha en mates.

Novas tarefas alumnado de 4ºA. Carmen Lago

Letras galegas 2020.

Ricardo Carvalho Calero.

https://colexiosanpiox.gal/blog/2020/don-ridardo-o-xogo/

Nesta páxina vedes o vídeo da biografía do autor e facedes

o xogo de comprensión.

Na libreta de galego hai que facer un poema con pictogramas. Pinchar en poema.

Tarefas decimais. Pinchar mates.

 

 

VIDEOS MÚSICA NA CASA

Ola a tod@s. Como van eses puntos de MUIÑEIRA? ...Espero que estedes practicando!

Hoxe déixovos un enlace para ver algúns dos videos  que me enviastes facendo  música na casa.  Moitas grazas por colaborar,  sodes fantástic@s Guiño.

 

MÚSICA NA CASA 1

 

Alejandro (3ºA ): Papeis de cores.

Pablo ( 1ºB ): Recitado con percusión e vaso.

Carla ( 6ºA ): Coreografía con zapatos.

Xoel (2ºB): "Fun ao mercado".

Leire ( 4ºB ): Polca con culleres.

Xoel (5ºB ): Marcha Radezky, con percusión corporal.

 

 

 

 

4B almorzos idénticos?

TAREFAS MÉRCORES, 13 DE MAIO

Bo día!

Hoxe comezamos a xornada cunha deliciosa receita elaborada por Erim ca axuda da súa nai e irmán. Estade moi atentos, pois sabemos de boa tinta que a todos ou casi todos vos encantan!!!

 

Quen vai probar a facelas na casa? Seguro que moitos!!Risa

Agora tócavos responder a unhas sinxelas preguntas.

Unha vez feito isto, pasamos a Lingua Galega. Hoxe traballaremos Os Artigos, xa os vimos en Lingua Castelán, acordádesvos que eran estas palabras?

Antes de comezar, mirade esta explicación!

Sinxelo, verdade? Comezamos entón cos exercicios.

 

E xa por último, imos con Ciencias Naturais. Do mesmo xeito ca onte, podedes buscar a información no libro para facer os exercicios, ou ben, buscar en Internet se tedes algunha dúbida.

E por hoxe, xa estarían as tarefas completadas.

Moi bo traballo!!!

Feliz Mércores!

Distribuir contido