CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

LETRAS GALEGAS 2020

Ola a tod@s. Comeza unha nova semana!

Xa vistes os videos de MÚSICA NA CASA 1 e 2 con actividades musicais? Encántame vervos! Que ben o facedes!

Lembrade que ainda estades a tempo de enviar máis videos bailando a muiñeira.

Como sabedes, onte foi o día das Letras Galegas . Déixovos un video que atopei onde unhas nenas fixeron un preguntorio musical sobre Ricardo Carballo Calero. Espero que vos guste!

 

TAREFAS MARTES 19 MAIO

Boas!

 

 As tarefas de hoxe son as seguintes:

  • Caderniño LEO 10 (Galego) - Lectura O OUTONO. Se esta lectura está feita, toca logo a lectura O RATO PIPO. (Segundo a que fixeron cada caso, a semana pasada)
  • Pasatempos matemáticos. Clic AQUÍ.
  • Caderniño LEO 11 (Castelán) - Páxinas 15 e 16.

 

Unha vez feitas as tarefas, facédelas chegar ao noso correo.

 

Se a facedes interactiva dádelle a TERMINADO, abaixo de todo. Logo, dádelle a enviar MIS RESPUESTAS A MI PROFESOR, cubrides os apartados de NOMBRE do alumno, materia, curso e en CORREO escribides primeirocaselles@gmail.com.

Pasatempos de  MATEMÁTICAS

 

Para facer a última actividade tedes que unir dende a parte baixa das peixeiras de arriba coa parte de arriba das peixeiras de abaixo. (Facedes clic, arrastrades e soltades cando cheguedes á peixeira de abaixo. Se vos desaparece, volvédeo a facer)

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Bos días, paso a paso xa estamos na segunda quincena de maio e seguimos traballando desde casa, e aínda que nos gustaría estar xa dando clase dunha maneira máis normalizada, de momento non é posible, ánimo que xa queda menos!!! Estas son as actividades que vos deixamos para esta semana:

LUNS

-Ciencias: Copiar punto 5 (Augas superficiais e subterráneas) e punto 6 (Usos da auga)

FOTO1 E FOTO2

 Debuxo de apoio para o puto 5, recordade que non é necesario facelo FOTO

 

MARTES:

-Ficha de lengua (A fichas de lengua podedes imprimila ou facela directamente no caderno) FOTO

-Matemáticas: Facer os exercicios, recordade, cópiase con boli e faise con lapis FOTO

MÉRCORES:

-Libro “O asubío do vento do norte” ler desde a páxina 94 ata a páxina 96 e fai os exercicios da imaxe na libreta de lingua. Copiamos con azul o enunciado e facemos con lapis. FOTO 

XOVES:

-Ciencias: Copiar punto 7 (¿Cómo aproveitar a auga que usamos?) FOTO1 E FOTO2

ACTIVIDADES DE AMPLIACIÓN: Lembrade que estas actividades NON son obrigatorias. A continuación deixámosvos unha serie de ligazóns que vos levan a unhas propostas de experimentos con auga e a manualidades relacionadas co ciclo da auga Experimentos: FOTO1, FOTO2

Manualidades: FOTO 

Matemáticas: Facer os exercicios, recordade, cópiase con boli e faise con lapis FOTO 

VENRES: Traballo das especialidades, no lateral esquerdo da páxina

Actividades de inglés

Ola.

Envio as tarefas de inglés para esta semana para PRIMEIRO.

Saúdos.

Lola.

Actividades de inglés

Ola.

Envio as tarefas de inglés para esta semana para SEGUNDO.

Saúdos.

Lola.

Actividades de inglés

Bos días.

Envio a tarefa de inglés para esta semana para TERCEIRO.

Saúdos.Lola

Actividades de inglés

Bos días.

Envio a tarefa de inglés para esta semana para CUARTO.

Saúdos.Lola

Novas tarefas alumnado de 4ºA. Carmen Lago

Tarxeta de felicitación cumple. Marcos estará de cumple o 19 de maio. Ides facer unha tarxeta de felicitación. Doblades un folio pola metade, escribides o que queirades, adornades e firmades.

Marcos fará unha tarxeta de agradecemento.

Naturais

Traballo sobre a " cabaza" ( Galipedia ou similar)

Tipo de planta, propiedades, uso, algún refrán relacionado.

Por que se utiliza no Samaín?

Receita que se faga coa cabaza.

 

4B mételle o dente á xeometría

TAREFAS LUNS 18 MAIO

Boas!

Outra semana máis comezamos, de novo. Ou unha semana menos!

As tarefas de hoxe son as seguintes:

Onte celebramos o día das LETRAS GALEGAS, na que se homenaxea a Ricardo Carvalho Calero. Para iso, propomos ver  un video dun conto que publicou este escritor: AS PITAS BAIXO A  CHUVIA.

Logo, facer, alomenos dos propostos, unha tarefa ou xogo. Clic AQUÍ.

Para rematar, colledes o caderniño LEO 11 (Galego). Páxinas 12, 13 e 14.

Repasade oralmente as palabras galegas que aparecerán na páxina 13: cereixa -  mistos - pallaso - zume - xenio - xamón - cebola - zapatilla - xeado - xamón - xogador

Bo día!

Distribuir contido