CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Blogues

CRÓNICAS DO CONFINAMENTO

Nesta pequeno lugar iremos metendo todas aquelas cousas que os nenos e nenas de 2º foron facendo nas súas casas durante o seu logo confinamento por mor do coronavirus.

 

 

 

4B despedida

DESPEDÍMONOS

Bo día!!!

Chegou o momento de despedirnos ata o próximo curso. Queremos desexarvos un estupendo verán e, darvos as grazas por este marabilloso ano no que tanto traballastes e nos fixestes desfrutar como profes.

Tan xenerosos, coma sempre, vós tamén vos quixestes despedir dos vosos compañeiros e de nós. Guiño

Desfrutade moito dunhas merecedísimas vacacións!!!

Bo verán!!!

Vémonos en Setembro!!!!Sorriso

 

End of Year!

Hello!

We have come to the end of the year and we would like to wish you a

                         

                               Guay HAPPY SUMMER!Guay

 

 

See you in September! 

 

                        

 

       

 

 

   

 

   

 

 

                                  

 

 

                                           

 

 

                   

 

T-shirts designs made by Izan, Jorge Climent, Victoria, Iago, Rubén, Carla, Sabela, Ichika, Martín Álvarez, Breogam, Ramón, Martín Calzado and Jorge González.  

                                                      SorrisoSorrisoSorriso            

 

 

 

 

                                                                 

 

                                      

 

Relixión

Aberto o prazo para solicitar o servicio de comedor no curso 2020/21

Está aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar o próximo curso escolar 2020/21.

Deberedes presentar na Secretaría  o modelo que se adxunta, debidamente cuberto. 

Prazo 1º: ata o 10 de xullo (o día 29 de xuño non estará aberta a Secretaría)

Prazo 2º: Do 1 ao 8 de setembro

Impreso de solicitude (formato PDF)

Impreso de solicitude (formato DOC)

OS NOSOS VÍDEOS!!!

Bos días!!!

Onte publicabamos as vosas inxeniosas adiviñas. Seguro que moitos quedastes ca intriga de cal será a solución a  algunha das formuladas polos vosos compañeiros e compañeiras. 

Pois ben, non vos facemos esperar máis, aquí van as solucións a todas a elas.

Ademais, como sorpresa, queríamosvos ensinar un vídeo recopilatorio de todo o voso traballo nos talleres. Recordades todo o que fixemos nos talleres do cole? Pasámolo en grande e aprendimos un montón!!!Esperamos que vos guste!!!!Risa 

 

Para o próximo curso máis e mellor!!!!

FESTA DE FIN DE CURSO!!!

Despois de tanto traballar, por fin, chegou o momento de desfrutar!!!!

Mañá, ás 11, agardámosvos a todos para celebrar unha gran festa por videochamada!!!Lede con atención a invitación para non esquecer nada!!!


Principalmente, traede moitas gañas de pasalo ben!!!!

Ata mañá!!!!

DESPEDÍMONOS

Ola a tod@s. Estamos na última semana do curso tan " distinto" que nos tocou vivir.

A verdade é que as clases presencias son insustituibles pero non houbo máis remedio que adaptarse á nova situación. Durante estes meses propuxéronse actividades para seguir conectados coa música dende a casa.

Moitísimas grazas a tod@s, familias e  alumnado, pola vosa implicación e colaboración, polo voso esforzo, interese e traballo que así mo demostrastes coa cantidade de videos e fotos que  enviastes.

Espero que pasedes un bo verán e que en setembro poidamos vernos no cole.

 

Aquí vos deixo a última proposta musical do curso:

Seguro que recoñecedes moitos dos personaxes de debuxos animados que aparecen nesta imaxe

 

A orquestra do Carnegie Hall ( sala de concertos de Manhattan, Nova York) interpreta esta peza onde aparecen fragmentos de 43 cancións de series de debuxos animados moi coñecidas. A ver cantas recoñecedes!

Distribuir contido