Ed. física
CAMPIONATO DE BRILÉ (XUÑO - 2019)
Durante o mes xuño, celebrouse no colexio o I CAMPIONATO DE BRILÉ VIRXE DO CARME no que participaron todo o alumnado de Primaria repartidos en 6 equipos formados por nenos e nenas dos diferentes cursos.
A primeira fase do campionato foi unha liguilla de todos contra todos da que saíron os catro semifinalistas.
Tras duros e reñidos partidos, este xoves tivo lugar a entrega de premios.
Tamén recibiron un diploma por participar os equipos que quedaron fóra do podio.
Para rematar o campionato, o equipo gañador apoiado por todo o alumnado do centro, enfrontouse aos mestres e... quen vos parece que gañou??
POIS OS ALUMNOS!!
Pero para o próximo ano... pediremos a revancha!!
DE MAIOR QUERO SER COMO CAROLINA MARÍN
No colexio de Sober apoiamos o deporte español e aos seus deportistas. Por iso, o pasado mes de abril estivemos a aprender as regras básicas do bádminton, deporte nos que destaca a xogadora onubense, Carolina Marín, que o pasado domingo fixo historia ao conseguir o seu cuarto título europeo consecutivo de bádminton tras derrotar na final á xogadora rusa Kosetskaya.
Voleibol
Durante os mércores dos meses de Xaneiro e Febreiro, os nosos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria están recibindo un monográfico de voleibol na asignatura de Educación Física grazas a colaboración da entrenadora Verónica Contreras Flores. Nesta Unidade Didáctica estánse traballando contidos como aprender a facer un bo quecemento de voleibol, os xestos técnicos de toque de dedos, antebrazo, saque, etc, e xogando partidos no pavillón co obxectivo de achegar aos nenos e nenas do centro un deporte que deberán practicar cando comecen a súa etapa no instituto.
XOGADE: CAMPIONATO PROVINCIAL (10/2/2018)
Este sábado, un grupo de 5 atletas do noso colexio participaron na fase provincil de Campo a través organizada por Xogade; despois de clasificarse na proba do día 21.
Noraboa a todos, sodes uns campións!!
XOGADE (3/12/2017)
O domingo día 3, un equipo de nenos e nenas do noso colexio participaron nas preparatorias de Campo a través organizadas por Xogade (Xogos Deportivos Galegos en Idade Escolar).
Desde o centro queremos dar a noraboa a todos os participantes xa que fixeron un gran esforzo e foron capaces de terminar as súas correspondentes probas.
Tamén damos as grazas ás familias que nos obsequiaron con chocolate quente que, co frío que facía, axudou a entrar en calor!!
MATERIAL DEPORTIVO ANPA (22/10/2017)
Xa temos no centro o novo material deportivo para traballar en Educación Física!!
MOITAS GRAZAS Á ANPA POLA SÚA DOAZÓN!!
EDUCACIÓN VIAL
Sen duda repetiremos o próximo ano!
GALERÍA DE IMAXES:
EXCURSIÓN SAUDABLE (16/5/2017)
Comezamos o día facendo a compra para un almorzo saúdable por equipos. Cada equipo contaba cun presuposto de 4 € cos que tiñan que mercar alimentos que englobasen os catro tipos de nutrientes.
Despois desprazámonos ata o Parque dos Condes en Monforte desde onde comezamos a ruta en bicicleta pola beira do río Cabe ata chegar á ponte de Piñeira.
A continuación paramos na zona do circuíto vial para tomar o almorzo e coller forzas para a seguinte actividade que foi facer o percorrido coas sinais de tráfico e xogar un partido de ringo-red.
Desde o centro, queremos dar as grazas a Ana Pérez e a Adely, pola súa colaboración na realización das actividades.
ACROSPORT 3º e 4º de Primaria
O alumnado de 3º e 4º de Primaria está a traballar o equilibrio a través do Acrosport ou ximnasia acrobática.
Esta modalidade de ximnasia traballa a flexibilidade, o equilibrio, saltos e xiros así como movementos de cooperación entre os compoñentes do grupo realizando figuras corporais.
DÍA DA SAÚDE (7/4/2017)
Hoxe é o Día da Saúde e para manternos sans....que mellor que un pouco de deporte?
Nas seguintes imaxes, podedes ver ao alumnado de infantil B, 5º e 6º facendo exercicio.