Fin de curso

Fin de curso

DESPEDIDA DXS ALUMNXS DE 6º

   Debido ao final de curso tan excepcional que tivemos en xuño, tiñamos pendente despedirnos dxs alumnxs de 6º que xa están no instituto

   Estivemos esperando a ver se esta pandemia nos daba un respiro e podiamos facer un acto de despedida cos seus familiares, pero como xa case chegamos ao Nadal e a situación non mellora; decidimos facer un acto ao que so asistisen eles e os mestres que lle deramos clase.

    Durante este acto, visionamos unha recompilación de imaxes do seu paso polo colexio dende o curso 2011/2012 ata marzo do curso pasado.

 E aínda sen poder abrazalos nin achegarnos moito a eles, fixémoslle entrega das súas orlas, dun agasallo do colexio, da mochila e do diploma de biblioaxudantes e dun doce de Nadal.

 
DESEXÁMOSVOS  QUE   DE  AGORA  EN  DIANTE  SEXADES  MOI  FELICES,
 
SEMPRE  PODEREDES  CONTAR  CONNOSCO.
 
UNHA  APERTA  MOI  GRANDE!!
 

FIN DE CURSO E DESPEDIDA 2019/2020

   Se este fose un curso normal, hoxe sería un día de nervios para o noso alumnado: as notas, as actuacións do festival, a despedida dos de sexto, as vacacións de verán... pero por mor deste coronavirus que cambiou as nosas vidas é un fin de curso moi diferente.

    Por iso desde o claustro de mestres quixemos facer un vídeo para que esta despedida non sexa tan fría.

    Un vídeo no que queremos transmitirvos todo o cariño que desde as redes non se pode, recordar os momentos vividos antes do confinamento, despedir ao alumnado de sexto e sobre todo darvos  as grazas a vós polo voso esforzo e ás familias por terse convertido en mestres improvisados; sen o voso apoio, o noso traballo non sería posible.

    E agora si, agora rematamos o curso avisándovos de que o vídeo é un pouco longo porque vai cheíño de sentimentos como o agarimo, o orgullo que sentimos de vós ou a pena da despedida.

   Desexámosvos un bo verán e que nos atopemos todos sans en setembro para recibirvos cos brazos abertos e que o cole recupere os seus sons habituais que así, tan silencioso, da moita pena.

UNHA  APERTA  MOI  FORTE!!!

 

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2018/19

     Outro curso máis que remata...

     Para decirlle adeus ao 2018/19, preparamos un festival de fin de curso cheo de grandes actuacións de todos os nosos alumnos e alumnas que esperamos que vos gustaran moito.

     Se vos gustaron tanto como para repetir, podedes volver  a velas a continuación!!

 

 

 TAMÉN  PODEDES  ACCEDER  ÁS  FOTOGRAFÍAS  DO  FESTIVAL  NO  ENLACE:

GALERÍA  DE  IMAXES

EXCURSIÓN A SANTA TEGRA E BAIONA (7/6/2019)

    Este ano na excursión de fin de curso fomos a visitar o Castro de Santa Tegra xa que nos parece unha saída didáctica moi interesante que serviu para que o alumnado coñecese de primeira man o modo de vida dos nosos antepasados: os castrexos.

    Nesta visita didáctica a guía contounos o motivo da ubicación deste poboado e moitas cousas sobre o seu modo de vivir, a súa organización, os tipos de construcións...

  

   

   Ademais fixemos varios obradoiros para saber cómo facían as súas ferramentas, como elaboraban as súas pinturas e ata como facían para prender o lume. Tamén visitamos o museo do castro.

 

     

   

    Despois repuxemos forzas cunha boa comida, disfrutamos das vistas da desembocadura do Río Miño que serve de fronteira natural entre Galiza e Portugal e fomos a pasar a tarde á praia.

 

 PODEDES  VER  TODAS  AS  IMAXES  DA  EXCURSIÓN  NA

GALERÍA  DE  IMAXES

 

BO VERÁN!! - 2018

O  EQUIPO  DOCENTE  DESTE  CENTRO  QUERE  DESEXARVOS  A  TODOS

FESTIVAL FIN DE CURSO - 2018

    Para dar por rematado este curso, celebramos o noso Festival de Fin de Curso coas actuacións de todos os alumnos e alumnas do centro.

   Esperamos que vos gustaran as nosas actuacións que podedes volver a ver nos seguintes enlaces: BO  VERÁN!!!

 

XOGOS FIN DE CURSO - ANPA (20/6/2018)

    Dende hai varios anos, a ANPA organiza actividades lúdicas para rematar o curso.

    Nesta ocasión, o alumnado puido disfrutar destas actividades no pavillón do colexio repartidos en dúas quendas: Infantil e Primaria.

 

  

VER  TODAS  AS  IMAXES  cedidas por Imaxinatia

FESTIVAL DE FIN DE CURSO (23/6/2017)

Finaliza o curso 2016/17 e chega o verán!

    Para rematar con ledicia, preparamos o noso festival con pequenas representacións teatrais, actuacións musicais e acrosport.

    A continuación deixámosvos uns vídeos de cada unha das actuacións esperando que vos gustasen moito e que disfrutarades delas.

 

   E para rematar, deixámosvos un vídeo e unhas imaxes das despedidas que o fin de curso trouxo consigo. Por unha banda os alumnos de 6º de Primaria (Jazmin, Rocío, Herbert y Marco)  que nos deixan para marchar ao instituto, e por outra o noso director, José Manuel López Santos, que ben merece unha boa xubilación despois de tantos anos adicados á docencia.

   Desde o centro, toda a comunidade educativa desexámosvos o mellor nesta nova etapa das vosas vidas.

 

FELICES  VACACIÓNS  E  BO  VERÁN  PARA  TODOS!!

FESTIVAL FIN DE CURSO 2015 - 16

22/06/2016 14:15
Europe/Madrid

ACTIVIDADES DEPORTIVAS ORGANIZADAS POLA ANPA

21/06/2016 10:00
Europe/Madrid

ACTIVIDADES   DEPORTIVAS  ORGANIZADAS  POLA  ANPA

Distribuir contido