Nadal

Nadal

POSTAIS DE NADAL - 2017

Xa temos listas as postais de Nadal deste ano que completan o recuncho de lecturas recomendadas
para esta época; aínda que nesta ocasión son bastante especiais.
 
 Cada unha delas, leva impresións 3D feitas coa nosa impresora e na nosa biblioteca:
As de 5º e 6º de Primaria, están feitas con bólas de navidad que descargamos de thingiverse
 
 
As de 3º e 4º de Primaria, levan formas xeométricas que se adaptaron co programa tinkercad
 
 
Nas de 1º e 2º de Primaria encontraredes folerpas de neve by Whatakuai (https://www.thingiverse.com/thing:198646)
 
 
E as felicitacións de Infantil levan estreliñas de tinkercad para coroar a árbore de nadal

CHEGA O NADAL - 2017

Chega o Nadal e no colexio xa temos a árbore preparada.

 

   Este ano conxugamos a reciclaxe que traballamos desde o Programa Voz Natura coa Impresora 3D da biblioteca.

 

     

Os deseños dos adornos 3D, son dos seguintes autores:

by Simmons  (https://www.thingiverse.com/thing:593440)

by 3d-decoratie  (https://www.thingiverse.com/thing:563986)

by Whatakuai  (https://www.thingiverse.com/thing:198646)

 

PREMIOS CERTAME DE NADAL - 2016

  O día 4 de xaneiro,  foi a entrega dos premios correspondentes ao Certame de Beléns e de Postais da Biblioteca Municipal do noso  Concello.

 
  O acto comezou coa actuación de O trícole, grupo que interpretou varios Cantos de Reis.

    A continuación, o alcalde de Sober fixo entrega dos premios. Varios alumnos e alumnas, foron os encargados de recoller o premio á participación que recibiu o colexio polas postais que fixemos.

 

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL - 2016

    Xa podedes gozar das actuacións do festival que os nenos e as nenas do cole prepararon para este Nadal.

    Só tedes que premer no vídeo que queirades ver e desfrutar da panxoliña correspondente.

  Na GALERÍA DE IMAXES, podes ver varias fotografías que

recollen diferentes momentos das actuacións.

PAPÁ NOEL 2016

Xa que hoxe é Noiteboa, recordamos a visita que nos fixo Papá Noel o último día de clase.

Esperemos que veña moi cargadiño de agasallos para todos.

Podes ver todas as fotos da visita na

GALERÍA DE IMAXES

FELICITACIÓN NAVIDEÑA

     Cos mellores desexos para estas festas, o Equipo de Biblioteca e toda a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; elaboramos este vídeo no uqe non podía faltar a biblioteca nin a música como unda das artes traballadas este trimestre.
   
    Con el, queremos desexarvos a todos...
  
BO NADAL E PRÓSPERO 2017!!
 

AGASALLOS DE NADAL - ANPA

Outro ano máis, a ANPA do noso centro quiso agasallar a todos os nenos e nenas do colexio.

Este ano o agasallo escollido foi unha fermosa mochila vermella co logo do centro.

MOITAS  GRAZAS!!

 

LA NAVIDAD DE LOS NÚMEROS - BIBLIOAXUDANTES 2016

    O equipo de Biblioaxudantes deste curso, ven de representar para o resto de alumnado de Primaria a obra de teatro "La navidad de los números".

   Unha obra moi divertida que aos alumnos e alumnas lles encantou.

Podedes ver algunhas imaxes desta actuación na

GALERÍA  DE  IMAXES

CONCERTO BENÉFICO - NADAL 2016

     Como cada ano, o alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; participa no festival benéfico que se organiza no Centro Sociocultural de Sober en colaboración coa Banda de Música, a Escola de Música, a Banda Xuvenil e o Coro Berea.

     A continuación, deixámosvos o vídeo da actuación de este ano; na que os nenos e nenas cantan un popurrí de panxoliñas populares coa Banda de Música, o Coro Berea e alumnos da Escola de Música.

Distribuir contido