Nadal

Nadal

CERTAME POSTAIS DE NADAL (4-01-22)

     Hoxe entregáronse os Premios do Certame de Nadal da Biblioteca Pública Municipal de Sober, un Certame no que sempre participamos enviando unhas fermosas postais de Nadal!

    O alumnado de infantil fixo unhas postais moi divertidas picando a cara de Papá Noel para poñer a súa. Resultoulles moi gracioso aos cativos do cole verse coas barbas brancas!

      O alumnado de primaria, utilizou para completar as súas postais obxectos impresos en 3D na nosa biblioteca. Algúns descargados de thingiverse (lazos by Colorme3Dfolerpas de neve by Aircool2017) e outros deseñados en tinkerkad.

 

 

    E así de fermosas quedaron!

 

 

   Tamén deseñaron unhas estrelas de Nadal a través de tinkercad coas que desexar un Feliz Aninovo a todxs!

 

  

Ademais de darlle cor a nosa biblioteca, as postais tamén puideron verse durante todas as vacacións de Nadal na BPM xa que estiveron expostas na Casa da Cultura do Concello.

   Pola participación neste Certame, a Biblioteca Pública Municipal agasoullos cun diploma e un par de sorpresas que o noso alumnado poderá disfrutar na nosa biblioteca!

 
 
MOITAS  GRAZAS!!
 
 

VISITA PAPÁ NOEL 2021

    Como cada ano o Concello de Sober organizou a visita de Papá Noel ao noso colexio; unha visita moi emocionante porque non hai nada mellor que ver a ilusión dos nosos nenos e nenas cando o ven chegar e poden entregarlle as súas cartas e recibir unha bolsa de chuches da súa man.

 

    No enlace GALERÍA  DE  IMAXES ou clickando na imaxe podedes ver as fotos de Papá Noel con todo o noso alumnado.

 

FELICITACIÓN NADAL 2021

   Hoxe remata a primeira avalición e chega o Nadal, pero antes de irnos de vacacións queremos felicitar a toda a comunidade educativa e para iso, desde o Equipo de Biblioteca, elaboramos este videofelicitación coa panxoliña Un bo Nadal do grupo King Kids.

 

  Acompañamos a panxoliña coa letra e pictogramas porque nos parece moi importante continuar co traballo en prol dunha biblioteca e dunha sociedade inclusiva.

 

QUE  PASEDES  UN  BO  NADAL!!

 

AGASALLOS DE REIS

     Parece que os nenos e nenas deste cole se portaron moi ben porque ao chegar das vacacións de Nadal atopamos uns agasallos que os Reis Magos deixaron para as bibliotecas de aula.

 

    Por mor da situación actual só uns representantes de cada aula foron os encargados de abrir os paquetes e levalos ás súas aulas

 
 
 

FELICES  LECTURAS!!

 

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DE NADAL

    Cada ano todo o alumnado do noso colexio participa no Certame de Postais e Poesía que convoca a Biblioteca Pública Municipal polo Nadal; por iso as nosas postais que adornaran a biblioteca en decembro, tamén se puideron ver durante todas as vacacións de Nadal na BPM.
 
    Para realizar as postais deste ano elaboramos diferentes titoriais que o alumnado debía seguir segundo o modelo que ía a facer.
   
 
  
 
     E o resultado foi estupendo como podedes ver nas seguintes imaxes da nosa biblioteca.
 
 
 
 
 
    Durante a entrega de premios algúns alumnos/as do centro presentes no acto recolleron o premio do colexio á participación no certame xa que con estas postais non participamos de xeito individual. 
 
 
 
   Podedes ampliar a información sobre esta noticia nas seguintes publicacións dos xornais
 
El Progreso, 10-01-2021

 

La Voz de Galicia, 11-01-2021
 
 

FELICITACIÓN DE NADAL 2020

    Cos nosos mellores desexos para estas festas tan atípicas e desexando que o próximo ano poidamos olvidarnos desta pandemia, o Equipo de Biblioteca e toda a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; elaboramos unha felicitación coa panxoliña  CHEGOU  O  NADAL   de Iván Vale.

 

   Nesta panxoliña continuamos co traballo en prol dunha biblioteca e dunha sociedade inclusiva; por iso, ademais de engadir a letra e pictogramas, o alumnado de 5º e 6º de Primaria tenta reproducir a mensaxe da panxoliña en lingua de signos.
 

 

 UNHA  APERTA  MOI  FORTE  PARA  TODOS!! 
 
 

CURIOSIDADES DE NADAL (22/12/2020)

   As biblioaxudantes Lucía, Laura e Zaira son as locutoras deste programa especial de Nadal no que nos contan moitas curiosidades sobre estas datas baseándose no libro Los preguntones lo quieren saber todo sobre la Navidad (Ed. VOX).

 Desde cando se celebra o Nadal?

 Por que se desexan Felices Festas? e Felices Pascuas? 

Cando se inventaron as panxoliñas?

   Para saber as respostas destas preguntas e moitas outras máis, escoitade o programa especial de Nadal seguro que vos sorprenderes!!

 

 

 

VISITA PAPÁ NOEL - Nadal 2020

PAPÁ  NOEL  CHEGOU  AO  COLE!!

    Aínda que moitxs dxs nosxs alumnxs pensaban que Papá Noel non podería vir este ano a visitarnos debido ás restriccións para viaxar pola pandemia, tivemos a sorte de que o Concello de Sober organizase como cada ano esta visita ao noso colexio para que todos os nenos e nenas puidesen entregarlle as súas cartas e pedirlle os seus desexos ademais de recibir unha bolsa de chuches e un par de máscaras personalizadas agasallo do Concello.

 

    Na galería de imaxes podedes ver as desta visita.

GALERÍA  DE  IMAXES

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2020

 A continuación podedes ver as recomendacións lectoras para este Nadal.

 
    Esperamos que vos animedes a agasallar algún libro nesta época.
 
                    

ENTREGA PREMIOS DO CERTAME DE NADAL DA BPM (3/01/2020)

    Cada ano o alumnado do noso colexio participa no Certame de Postais e Poesía que convoca a Biblioteca Pública Municipal polo Nadal. 
 
    Por iso, as nosas postais poden verse durante todas as vacacións de Nadal na BPM, unhas postais que este ano, estaban feitas con material 3D.
 
 
  A entrega de premios deste Nadal comezou coa actuación do grupo local O Trícole que nos agasallou con diferentes panxoliñas e Cantos de Reis.
 
 
   Despois o alcalde fixo a entrega de premios na que o colexio recibiu un premio á participación, consistente nun diploma e varios libros para a nosa biblioteca. Recolleron o premio algúns alumnos do centro que estaban presentes neste acto.
 
 
   Tamén obtiveron premios individuais varios alumnos tanto en postais como en poesía. No seguinte documento podedes ver a lista de premiados.
   Podedes ampliar a información sobre esta noticia na publicación do Diario de Lemos seguindo o enlace.
 
 
 https://www.diariodelemos.es/el-ayuntamiento-de-sober-hace-entrega-de-los-premios-de-los-concursos-de-nadal?fbclid=IwAR2XDlovj6mOLyY6INoPmLZYzPYA-PFrZRL7fd5uzBAxPc-TznZEx11jKG8
Distribuir contido