CONTOS POLA PAZ con Teresa Grau

    Os contos son unha gran axuda para facer que os nenos e nenas reflexionen. Partindo desta premisa, hoxe, para conmemorar o Día da Paz contamos na biblioteca do colexio coa presenza da narradora Teresa Grau que a través de varias historias fixo que os nenos e nenas recapacitasen sobre os sentimentos contrarios á paz: medo, celos, rabia, ira... e nos deu algunhas pautas para loitar contra eles.
 
 
 
Por certo, sabíades que en Australia o animal que representa a Paz é o ornitorringo?  Aquí podedes ver a Teresa contándonos o conto que o explica...
 
 
 
   Outro dos contos foi ¡Julieta, estate quieta! que fala robre as relacións entre irmáns.
 
 
Entre conto e conto, chegamos ao final da sesión. O conto final foi A paz perfecta:   
 
Había unha vez un rei e unha raíña que ofreceron un gran premio ao artista que puidera debuxar a paz perfecta.
 
Moitos artistas o intentaron e presentaron as súas obras no palacio. O rei e a raíña observaron e admiraron todas as pinturas:
 
 
 
 
     Entre todas elas escolleron dúas que realmente lles gustaban. 
 
    A primeira era dun lago moi tranquilo. Este lago representaba un plácido lago cunhas montañas preciosas ao fondo; o ceo era moi azul e nel podíanse ver unhas nubes brancas. Todos os que miraron esta pintura pensaron que reflexaba a paz perfecta.
    A segunda pintura tamén tiña montañas pero estas eran escabrosas, o ceo era escuro e podía verse unha gran tormenta con raios e tronos, ademais montaña abaixo parecía retumbar un torrente de auga. Esta pintura non parecía nada pacífica.
 Toda a xente pensaba que os reis escollerían a primeira pintura, con aquel paisaxe tan tranquilo pero... eles escolleron a segunda!!
 
   Por que?
 
 Porque naquela pintura nada pacífica, os reis viron un delicado arbusto crecendo nunha roca e nese arbusto viron un niño: alí, en medio do ruído da tormenta e da cascada, estaba sentado plácidamente un paxariño... Entón o rei explicou:
 
"Paz non significa estar nun lugar sen ruídos, sen problemas, sen traballo duro ou sen dolor. Paz significa que a pesar de estar no medio de todas esas cousas, poidamos manter a calma no noso corazón. Ese é o verdadeiro significado da paz!"
    Os nenos e nenas saíron tan contentos da sesión que Teresa estivo firmando autógrafos. Esperemos que estes contos nos fagan reflexionar...
 
Pero...non podemos rematar a conmemoración deste día sen que a pomba da paz faga presenza no noso centro; por iso, aquí tedes a foto dos nenos e nenas de infantil coas súas pombiñas