CERTAME DE DEBUXO INFANTIL XXXV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI


O Concello de Sober convoca o I Certame de Debuxo Infantil Feira do Viño  de Amandi 2015, coa finalidade de elaborar un adhesivo co debuxo gañador, de acordo coas seguintes bases:
 
1.   -  Neste certame poden participar tódolos nenos, con idades comprendidas entre 6 e 12, dos centros de ensino da comarca  da Terra de Lemos.
 
2.  -  Os debuxos  deberán presentarse sobre cartolina tamaño aproximado DIN A4, sobre o tema que se propón a continuación: O CULTIVO DA VIDE NA RIBEIRA SACRA

 
3.  -  Cada autor presentará un único traballo acompañado cunha folla cos seus datos persoais.
 
4.  - O prazo de presentación dos traballo rematará o vindeiro 27 de febreiro, debendo ser entregados na Biblioteca Pública do Concello de Sober.
 
5.  - O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará un único traballo que será o gañador deste certame.
 
6.  - O traballo premiado pasará a ser propiedade do Concello de Sober, que se reserva o dereito de publicación do mesmo.
 
7.   - A entrega do premio terá lugar o día 29 de marzo, trala lectura do pregón da XXXV Feira do Viño de Amandi.
 
8.   - A presentación das obras a este Certame supoñen a aceptación das presentes bases.