AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Lorena (23/4/2019)

   Hoxe 23 de abril é o Día do Libro, e para conmemoralo tivemos na biblioteca unha nova sesión de As familias contan.
 
   Pero esta é unha sesión diferente porque non é a familia dun alumno a que ven a contar, senón que é a familia da profe Lorena.
 
 
  Lorena veu co seu sobriño O mago Iago e os seus pais, Nery e Iván, que tiñan preparado un espectáculo sorprendente.
 
   Comezou Nery coa lectura do libro Os Bolechas fan maxia que serviu como introdución de todo o que ía acontecer.
 
   E despois  O mago Iago, abraiounos cos seus trucos de maxia: 
 
obxectos que aparecen e desaparecen diante dos nosos ollos
 
trucos con voluntarios que non saían do seu asombro
 
 xogos de naipes
 
e ata unha caixa máxica que parecía baleira pero da que non paraban de saír un montón de obxectos!!
 
E agora...apetécevos volver a escoitar o conto e saber máis sobre este gran mago de tan só 5 anos?
Pois escoitade atentos a seguinte emisión de Radiuvín

MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  Á  NOSA  BIBLIOTECA  E  POR  ESTA  SESIÓN MARABILLOSA   QUE  NOS  RECORDA  A  MAXIA  DOS  LIBROS  NUN  DÍA  TAN  ESPECIAL!!