Proxecto Educación Viaria 2018

Esta semana continuamos co Proxecto de Educación Viaria nas clases de Educación Física. A través de distintos xogos e circuítos adaptados a cada nivel, os alumnos traballaron a habilidade, a axilidade e o equilibrio sobre a bicicleta, esenciais para poder desenvolverse con ela pola súa contorna próxima. Estarán preparados para o gran circuíto de sinais do próximo día?