PROXECTO EDUCACIÓN VIARIA (25/4/2018)

    Outro ano máis, en Educación Física, imos realizar as Xornadas de Educación Viaria co obxectivo de que os nosos alumnos aprendan os conceptos básicos para saber moverse como peóns ou coas súas bicicletas pola súa contorna próxima con seguridade.
 
   Na nosa biblioteca estivo Sara Fuenteseca Teijeiro, a Coordinadora Provincial de Educación Viaria, que nos deu unha charla teórica, primeiro aos nenos de infantil e logo aos de primaria, sobre os contidos básicos de seguridade viaria.
 
   Despois, durante o mes de maio, imos levar á práctica todo o aprendido a través de exercicios de equilibrio e dun gran circuíto con sinais de tráfico no pavillón.