Camiño do Pazo, s/n (Sober) Tfno. 982 87 08 41 e 982 87 08 42.

MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-25

Bo día, achegamos a relación de material que solicitamos para o alumnado para o vindeiro curso.

 

 

MATERIAL  ED.  INFANTIL

MATERIAL 1º CURSO

MATERIAL 2º CURSO

MATERIAL 3º CURSO

MATERIAL 4º CURSO

MATERIAIS 5º E 6º CURSO

 

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2024 - 2025

   Estimadas familias:

  Este curso comezaremos as clases o MÉRCORES día 11 no horario habitual (9:45 - 15:45), os servizos de transporte e comedor funcionarán con normalidade desde o primeiro momento para todo o alumnado.

 

    Tamén estará dispoñible desde o primeiro día o servizo de concilia xestionado polo Concelo de maneira gratuíta para o alumnado que o desexe utilizar.

 

  Para aclarar diversos aspectos pedagóxicos e organizativos fundamentais para o desenvolvemento deste curso convocámosvos a unha reunión coas titoras e cos tirores correspondentes no seguinte horario:

      INFANTIL: mércores día 18 ás 16:00 horas.

      1º e 2º PRIMARIA: martes día 17 ás 16:00 horas.

      3º e 4º PRIMARIA: martes día 17 ás 16:30 horas.

      5º e 6º PRIMARIA: mércores día 18 ás 16:00 horas

 

   Esperamos que o noso alumnado veña con entusiasmo, con moita ilusión despois de todo o verán e cun montón de ganas de aprender cousas novas.

Estámosvos esperando... Benvidos!!

 

50 ANIVERSARIO - XANTAR DE CONFRATERNIDADE (30 - XUÑO - 2024)

    Fai 50 anos abría as súas portas o colexio Virxe do Carme de Sober, o noso cole, coa finalidade de acoller ao alumnado de Sober e ao de todas as escolas unitarias do concello.

    Despois destes 50 anos reunímonos no pavillón do colexio máis de 250 persoas entres as que nos atopabamos alumnos, ex-alumnos, mestres, ex-mestres, pais, nais, autoridades e moitas máis persoas que quixeron conmemorar esta data.

     Esperamos que todos o pasarades ben e que as emocións, os reencontros, as anécdotas e as lembranzas foran fermosas compañeiras deste xantar. Nós cremos que ademais das aprendizaxes curriculares, os lazos que se forman entre os membros da comunidade educativa tamén son moi importantes e polo que puidemos vivir neste xantar, os lazos desta comunidade son moi fortes.

    Desde o centro queremos dar as grazas a todos os que participastes nesta xornada:

- ás autoridades educativas que nos acompañaron: D. Pedro Gómez e D. Federico Pérez, ex-inspectores do colexio, e Dna. Sagrario Sánchez, Xefa territorial de Educación de Lugo

- ao Concello e ao alcalde, D. Luis Fernández, pola súa axuda na organización e pola animación musical a cargo de Rafa Aguiar

- á ANPA do colexio polos inchables que fixeron disfrutar aos máis pequenos

- á imprenta Chuzos de Monforte que nos agasallou coa lona que presidía o xantar

- a todos os asistentes por lembrar con cariño o seu paso por este centro e decidir compartir con nós este momento

- e, especialmente, a todas as familias que nos escolledes como centro educativo para os vosos fillos e fillas.

 

 

 

Esperamos que poidamos volver a reunirnos dentro de 10 anos pero mentres tanto...

aquí tenéis un enlace ao álbum coas imaxes da xornada

 GALERÍA  DE  IMAXES

 E se alguén ten imaxes deste xantar ou do seu paso polo centro e quere compartilas con nós para seguir aumentando o fondo fotográfico do colexio, podedes envialas ao seguinte correo:

biblioteca.virxedocarme@gmail.com

 

FESTIVAL FIN DE CURSO 2023/24

   Hoxe despedimos o curso 2023/24 coa realización do noso festival de fin de curso que este ano se celebrou no pavillón do colexio.

   Coma sempre, este festival pretende ser un momento de festa e de ledicia onde o alumnado comparte coas súas familias as actuacións musicais preparadas.

    A continuación deixámosvos os vídeos de cada unha das actuacións esperando que vos gustasen moito e que disfrutarades delas.

 

 

 

 

 

 

  Despois destas actuacións tan marabillosas e estupendas, rematamos despedindo ao alumnado de 6º de Primaria (Carlota, Germán e Javierdesexándolle o mellor na nova etapa das súas vidas que está por comezar. Esperamos que vos lembredes de nós sempre e se nos necesitades, aquí estaremos!

 

 

 

BO  VERÁN  E  FELICES  VACACIÓNS!!

GALERÍA  DE  IMAXES

 

DESPEDIDA BIBLIOAXUDANTES 2023/24

    Hoxe remata o curso e polo tanto pechamos tamén as actividades da biblioteca e facémolo DÁNDOLLE  AS  GRAZAS  AOS  BIBLIOAXUDANTES!!

     Aínda que este ano xa recibiron como premio un obradoiro por ser seleccionados no programa de Volunntariado de Lectura - A, tamén desde o centro quixemos facerlle entrega duns pequenos agasallos.

 

MOITAS  GRAZAS  POLA  VOSA  DEDICACIÓN  Á  BIBLIOTECA!!

A algúns vémosvos o próximo ano pero aos que marchades para o instituto... moita sorte, botarémosvos de menos!!

 

DESPEDIDA ALUMNADO DE 6º (2024)

   Todos os anos cando chega fin de curso chega tamén o momento de despedir ao alumnado de 6º de Primaria que acaba esta etapa educativa. Carlota, Germán e Javier entraron a formar parte do colexio no curso 2015/16 cando eran uns pequerrechiños de 3 anos!!

       Agora son unha clase de tres persoas estupendas ás que botaremos moito de menos!

   Pero antes de marchar gravaron o seguinte podcast no que poderedes escoitar unha carta que escribiron  como despedida agora que xa se van ao instituto.

 

 

    Esperamos que na nova etapa educativa que comezarán o próximo curso non olviden a importancia do traballo e da constancia. Estamos seguros de que terán éxito nos seus estudos; pero se nalgún momento nos necesitades, aquí estaremos, apoiándovos en todo o que poidamos porque despois de todos estes anos levades con vós un pedaciño do noso corazón. 

 

 

Distribuir contido