AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Alassane (20/03/2024)
Rematamos este trimestre cunha nova sesión da actividade As familias contan con Natalia, a nai de Alassane que veu a lernos o conto A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza de Werner Holzwarth e Wolf Erlbruch.
Ademais de compartir este libro co alumnado do colexio, Natalia e Alassane trouxeron moitos xogos relacionados con diferentes animais para que todos os nenos e as nenas do colexio puideran pasar un rato divertido xogando con eles.
MOITAS GRAZAS POR VIR A COMPARTIR CON NÓS ESTE LIBRO E ESTES XOGOS TAN DIVERTIDOS!!
PROGRAMA ESPECIAL FEIRA DO VIÑO - ONDA CERO
O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou hoxe no programa especial sobre a Feira do Viño que Onda Cero realizou en directo desde a Casa da Cultura do Concello de Sober.
DÍA DO CÓMIC (17/03/2024)
No ano 2022, o Goberno declarou a celebración cada 17 de marzo, do Día do Cómic e do Tebeo como forma de recoñecer o seu valor, a súa importancia no contexto actual, a súa diversidade, creatividade e calidade.
Na biblioteca do centro quixemos conmemoralo xa que é un tipo de lectura moi demandado polo noso alumnado; e para isto utilizamos o material elaborado e compartido pola biblioteca do CEIP de Seixalbo no que se resumen as principais características do cómic.
CLUB DE LECTURA (10 / 2023 - 2024)
Comezamos novo libro no club de lectura!!
Nesta ocasión quixemos facerlles caso a varios membros do club que estiveran pedindo a lectura deste cómic e decidímonos a coñecer a Policán, un policía con corpo de persona pero cabeza de can.
Para comezar con este libro, xustamente comezamos polo final do mesmo, é dicir, polas últimas páxinas onde nos explican como ilustrar aos seus protagonistas; así coñecémolos e descubrimos os principais rasgos de expresión que atoparemos durante a lectura.
E non pensedes que a cousa foi moi mal... que xa temos os primeiros resultados...
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Manuel Vázquez
Nesta nova sesión de As familias contan estivemos con Noelia, a nai de Manuel, que repite por segunda vez este ano xa que lle gustou moito a experiencia e tiña un ratiño libre para poder volver a compartir con nós outro libro: Unha fábrica de bicos de María Canosa.
Con esta lectura coñecemos a Mindi que é unha nena á que non lle gusta nada dar bicos nin recibilos, só os soporta se non a apretan moito ou non son moi longos.
Xuntou os beizos e intentouno pero non lle saía bico ningún, pódese aprender a dar bicos? Existe unha máquina que os fabrique dentro de nós?
Se queredes escoitar toda a historia de Mindi podedes facelo no seguinte podcast xa que Noelia e Manuel pasaron por Radiuvín para gravalo e compartilo con todos vós.
MOITAS GRAZAS AOS DOUS POR PARTICIPAR DE NOVO NESTA ACTIVIDADE!!
DESPEDIDA ALBA (15/03/2024)
Hoxe despedimos a Alba, mestra de 3º e 4º de Educación Primaira que estivo con nós desde xaneiro, e para que non nos olvide entregámoslle un agasallo da olería de Gundivós.
Esperamos que teñas moita sorte no teu novo destino, aquí estaremos encantados de recibirte cando queiras vir a visitarnos.
CARTAS DENDE A RÍA (IV)
Xa temos unha nova entrega do proxecto Cartas dende a ría. Nesta ocasión foron os nenos e as nenas do CEIP de Seara (Moaña) os que recibiron as nosas cartas.
BAILAMOS TOD@S (11/03/2024)
Dentro da conmemoración do Día da Muller, realizamos na biblioteca a actividade BAILAMOS TOD@S organizada pola ANPA a través de FACAPEL co grupo TROUPELEAR.
A finalidade deste obradoiro esta desterrar roles de xénero a través de xogos bailados da nosa tradición dándolles unha perspectiva diferente para achegalos aos nosos días.
Así xs nosxs alumnxs cantaron, percutiron e realizaron diferentes bailes que lles axudaron a tomar conciencia dos seus corpos e dos corpos dos demais e a interaccionar entre eles.
MOITAS GRAZAS á ANPA por organizar esta actividade tan interesante e divertida coa que seguir creando conciencia de xénero.
PROXECTO "OS PINGÜÍNS" (III) - 09-03-2024
Que ledicia levaron cando chegou o diploma do "seu" pingüín!
8M: MULLERES E XOGOS OLÍMPICOS (08-03-2024)
Seguimos co proxecto dos Xogos Olímpicos e para o Día da Muller quixemos investigar sobre o papel das mulleres nestes xogos ao longo da historia.
Comezamos esta investigación pola Antiga Grecia onde as mulleres non podían participar; pero descubrimos que existían os xogos Hereos que eran xogos na honra da deusa Heras, esposa de Zeus nos que as mulleres competían en problas atléticas.
A continuación quixemos saber cales eran as con máis medallas e descubrimos que o ranking mundial o encabezan mulleres como Larisa Latynina (ximnasta da Unión Soviética, 18 medallas), Birgit Fischer (piragüista alemá, 12 medallas), Jenny Thompson (nadadora estadounidense, 12 medallas) ou Věra Čáslavská (ximnasta, 11 medallas)
E que as primeiras mulleres do medalleiro olímpico español son Mireia Belmonte (natación, 4 medallas), Andrea Fuentes (natación sincronizada, 4 medallas) e Arantxa Sánchez Vicario (tenis, 4 medallas).
Despois elaboramos un mural que nos serviu de base para compartir toda esta información co resto do alumnado do colexio.
E fixemos unha reflexión sobre a muller á que nos lle daríamos a medalla de ouro das nosas vidas.
Esperamos que todo o falado hoxe sirva para que o noso alumnado reflexione sobre a importancia da igualdade de xénero en todos os ámbitos da vida.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »