Camiño do Pazo, s/n (Sober) Tfno. 982 87 08 41 e 982 87 08 42.

DESPEDIDA ALY (30 - 5 - 2023)

  Hoxe despedimos a  Alyssa Jane Cañete, a auxiliar de conversa que tivemos este ano no centro.

   Ela estivo co noso alumnado durante as clases de inglés pero tamén noutras materias como Plástica para mellorar o nivel de inglés oral dos nosos nenos e nenas.

   Para despedirnos dela e que levase un bo de recordo do seu paso por Sober, entregámoslle un libro con debuxos e textos que o alumnado lle fixo como mostra de agarimo e un pequeno agasallo.

   Desexámoslle un bo regreso a Filipinas aínda que nós a botaremos moito de menos xa que, a parte de desenvolver perfectamente o seu traballo, foi moi colaboradora e estivo moi implicada nas actividades do centro!

WE  HOPE  YOU  ARE  VERY  HAPPY!!

 

AS CORES DO MUNDO - Grupo de teatro escolar (26/05/2023)

    O grupo de teatro do cole representou en primicia a obra "As cores do mundo" que é unha adaptación do libro do mesmo título feita pola súa mestra de teatro Paqui Abeledo.

 

  Con Xoán, Aldán, Teo, Erea, Leonor, Ada, Candela, Carlota e Darío coñecemos mellor todas as cores do mundo e a importancia de cada unha delas.

 

 

Foi unha obra moi entretida e divertida que mantivo a todo o público moi atento ata o final!

 

 

   Para rematar os protagonistas e a súa mestra de teatro, responderon ás preguntas que os espectadores e espectadoras lles fixeron sobre a montaxe da obra, a dificultade, o vestiario...

 

 

PARABÉNS  POR  ESTA  ACTUACIÓN,  SODES  UNS  ARTISTAS!!

 

EDUCACIÓN AFECTIVO - SEXUAL NA INFANCIA (24-5-2023)

    Esta actividade forma parte dun programa de Educación e Saúde na escola e na familia organizado polo Colexio de Enfermería de Lugo e a Federación de Asociacións de Nais e Pais de Lugo (FACAPEL) para axudar aos nenos e nenas a valorar igual ambos sexos mostrando as diferenzas entre cada un desde a primeira infancia pero de xeito igualitario.

 

   As matronas que nos acompañaron centraron a súa intervención na aceptación, recoñecemento e valoración tanto do propio sexo como do outro, proceso esencial para un desenvolvemento libre de discriminación e desigualdade xa que ningún sexo vale máis co outro.

 

  Tamén nos falaron sobre a nosa orixe desmitificando o procesos de fecundación, embarazo e parto para tratar de normalizalos.

 

   Outra actividade relacionada co embarazo foi a auscultación do latido cardíaco mediante o estetoscopio de Pinard.

    

 

    Os máis maiores afondaron na aceptación do propio corpo e dos cambios que van a ir experimentando para evitar complexos e connotacións negativas: cambios físicos (a altura, os xenitais, crecemento de pelo, a voz, o olor corporal, a menstruación...) e cambios emocionais (dificultade para controlar as emocións, os cambios de humor, a apreciación de que ninguén nos entende...)

 

    Para rematar queremos compartir un lema que nos debe quedar claro:

"ANTES DE QUERER AOS DEMAIS

HAI QUE  QUERERSE  A  UN  MESMO.

AUTOESTIMA É COÑECERSE, ACEPTARSE,

QUERERSE, COIDARSE E VALORARSE

PARA  MOSTRARNOS  COMO  SOMOS"

 

  

 

GALERÍA  DE  IMAXES

 

 

HIXIENE E SAÚDE BUCODENTAL (19/5/2023)

    Hoxe tivemos visita na biblioteca; con nós estiveronIván Sánchez, exalumno do colexio, Sergio Rodríguez e Lucía Vázquez. Os tres traballan na Clínica Dental Escairón e viñeron a falarnos sobre saúde e hixiene bucodental, xa que como sabedes, a saúde é un dos obxectivos da Axenda 2030 que queremos reforzar.
 
 

 

 
    Nesta actividade os alumnos e alumnas do cole coñeceron da man destes profesionais a importancia dun bo cepillado dental e os pasos para que o cepillado sexa correcto. 
 
 
 
 
    Tamén nos falaron sobre a importancia dunha alimentación adecuada e dos alimentos que nos poden axudar a manter san a nosa dentadura: froitas, verduras, leite, queixo... porque a saúde da dentadura repercute no resto do corpo.
 
 
 
   Para rematar, practicamos o cepillado cunha dentadura e cubrimos unhas fichas nas que se recollían as ideas principais desta charla:
  • Cepillar os dentes 3 veces ao día.

  • Que o cepillado dure 2 minutos

  • Utilizar pouca pasta

  • Visitar ao dentista

  • Comer menos chuches e doces

 

    

 

 

 

   Se queredes máis información e consellos sobre hixiene e saúde bucodental podedes escoitar o podcast no que Iván, Sergio e Lucía responden ás preguntas de Carlota e Diego.

 

 

MOITAS  GRAZAS  POR  ESTA  CHARLA!

ESPERAMOS, COMO VÓS DIXESTES, QUE  O  COLE  DE  SOBER  SEXA  A  PARTIR  DE  AGORA  UN  LUGAR  LIBRE  DE  CARIES!!

 


 

 

 

 

 

 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Aldán (18-05-2023)

   En As familias contan de hoxe recibimos a Tamara, a nai do noso alumno Aldán de Ed. Infantil, que era a primeira vez que viña a participar nesta actividade.

 
   Entre os dous leron o libro O dragón co traseiro en chamas de Beach, un libro que conta a historia dun dragón que non pasa polo seu mellor momento xa que acaba de perder a súa chama.

 

 

E como vos imaxinaredes, isto para un dragón é un gran problema, sobre todo para dragóns que se adican a chamuscar cabaleiros.

 

  Menos mal que Sir Wayne, o cabaleiro que se tiña que enfrontar a el, era moi enxeñoso e tivo unha idea para axudalo: preparar a receita máis picante do mundo para conseguir que o dragón volvera a ter un alento abrasador.

 

   Pero este remedio non tivo o resultado esperado e a chama acabou saíndo por outro sitio que non era precisamente a súa boca...

 

  Se queredes coñecer toda a historia deste dragón, podedes escoitar o libro no seguinte podcast que Aldán e Tamara gravaron na nosa radio.

 

 

 MOITAS  GRAZAS  AOS  DOUS  POR  PARTICIPAR  NESTA  ACTIVIDADE!!

GALERÍA  DE  IMAXES

 

LETRAS GALEGAS: Francisco Fernández del Riego

   Os membros do club de lectura Viaxando polas letras estiveron lendo a obra de teatro As cousas de Don Paco que é unha obra de Eva Mejuto coa que coñecemos a biografía de Francisco Fernández del Riego autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023.

 

    E xa que tiñan esta lectura preparada, compartírona co resto do alumnado para que eles tamén coñeceran a súa vida da man dos obxectos protagonistas da mesma:  

Don Lapis (o lapis que o acompañou durante toda a vida)

Baldomero (o reloxo que lle regalou a súa muller Evelina)

Oliva (a súa máquina de escribir)

Leica (a cámara de fotos que sempre levaba con el) e

 Guadalupa (a lupa que usou para ler cando xa era maior).

 

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS: Francisco Fernández del Riego

    O autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas é Francisco Fernández del Riego, o propio impulsor da creación deste día hai 60 anos, cando se lle adicou por primeira vez a Rosalía de Castro na data da publicación da súa obra Cantares Gallegos.

 

   Para coñecelo mellor o Equipo de Dinamización da Lingua Galega con alumnado de diferentes grupos do centro fixo varias actividades:

  Gravación dun vídeo no que nos resumen a súa biografía:

 

  Gravación doutro vídeo no que podemos escoitar fragmentos da súa obra con ilustracións dos nenos e nenas de Ed. Infantil e de 3º e 4º de Primaria.

 

Elaboración dun mural grupal entre todo o alumnado de Primaria:

 

 

 

VISITA IES A PINGUELA (16 - 5 -2023)

 O alumnado de 6º de Primaria do noso centro foi de visita ao IES A Pinguela onde estudarán o próximo curso para coñecer as súas instalacións.

 

            

 

  Ademais realizaron diferentes actividades como un obradoiro de elaboracións de xabóns naturais no laboratorio e unha visita ao seu planetario.

 

Esperamos que esta visita resolvera as súas dúbidas e que lles vai moi ben no futuro!

 

PLAN DIRECTOR (11-5-2023)

 Hoxe tivemos no centro a Ramón Peña, membro da Garda Civil experto en riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais que veu a dar unha charla ao alumnado de 5º e 6º de Primaria a través do Plan Director.

 

    Na charla empezou falándonos sobre as novas formas de comunicación a través de aplicacións tecnolóxicas e das confusións que se poden xerar entre as persoas xa que ao utilizar estas aplicacións non temos a persoa diante e deunos consellos para evitar malentendidos como que se alguén usa maiúsculas considérase que está enfadado ou berrando.

 

    E sobre todo, ter en conta e lembrar que detrás da pantalla sempre hai unha persoa polo que cando dicimos algo a través destas aplicacións, non estamos falando con outra pantalla senón que estamos falando con alguén ao que lle poden facer dano os nosos comentarios.

 

 

   Tamén nos falou sobre o grooming que se produce cando un adulto se fai pasar por menor para contactar con nenos ou nenas. Como el dixo, a familia sempre di que non falemos con descoñecidos pero en internet e nas redes sociais hai moita xente que nos pode falar a través de diferentes aplicacións así que algúns consellos para evitar este tipo de situacións serían:

- non utilizar un nome de usuario que revele a nosa idade ou ano de nacemento

- non mostrar os nosos gustos no perfil

- evitar mostrar información privada

- non enviar nin reenviar fotografías contidas.

- non aceptar agasallos nin quedar con descoñecidos

 

 

     Para rematar deunos outro consello importante: 

ANTE CALQUERA SITUACIÓN  QUE  NOS  FAGA  SENTIR  MAL, 

ACUDIR  A  UN  ADULTO!!

 

 

    Para máis información, podedes escoitar o seguinte podcast no que Darío e Gareth entrevistan ao noso invitado.

GALERÍA  DE  IMAXES

 

VIAXANDO POLAS LETRAS (15 / 2022 - 2023)

     Hoxe tivemos unha sesión diferente do club de lectura dedicada ao libro A proba de auga de Anémona De Río: decidimos facer un obradoiro de ilustración de banda deseñada xa que ao noso alumnado lle gustan moito este tipo de ilustracións.

 
   Para este obradoiro estiveron na biblioteca do centro Ana e Luis da Escola de Arte Creativa de Monforte de Lemos que nos ensinaron a debuxar á protagonista comenzando polas liñas básicas da cara. 

 

   Despois fomos engandindo os ollos, a boca e as cellas dependendo da expresión que queriamos reproducir.
 

    

A continuación engadimos o cabelo...
 

  

E rematamos con parte do seu corpo... A verdade é que os nosos nenos e nenas o fixeron moi ben!!

 

 

 

 GALERÍA  DE  IMAXES  CLUB  DE  LECTURA

 

Distribuir contido