PREVENCIÓN DE INCENDIOS - SEPRONA (16 - 2 - 2017)

    Ata o noso colexio achegáronse Roberto Pérez e Iban Castosa, gardas do equipo Roca do Seprona (Servicio de Protección da Natureza) e o Cabo Óscar Martínez (Comandante de posto en Sober) que colaboran con Voz Natura para levar a cabo unha sesión informativa na que os alumnos e alumnas puideron coñecer de primeira man o seu traballo.

   O obxectivo da charla foi explicar ao alumnado que é a Garda Civil, cales son as súas unidades, que é o SEPRONA e en que consiste o seu labor así como achegarlles información sobre a loita contra os incendios forestais: prevención, condutas responsables que se poden adoptar, investigación...

PODES  VER  MÁIS  IMAXES  NA  GALERÍA  DE  FOTOS