UN ALMORZO COMPLETO

   Xa temos dispoñible un novo vídeo da serie "Planeta verde"  elaborada por Sogama

    Vito e Lilia fanse eco da importancia que ten afrontar cada día cun almorzo completo, variado e equilibrado no que non falten as froitas, os lácteos e os hidratos de carbono.

    Aproveitando a ocasión, recordan que, unha vez rematada a primeira inxesta do día, hai que recoller a mesa e separar os residuos de forma correcta para depositalos posteriormente nos contedores correspondentes e así propiciar a súa reciclaxe:

- o brick  do leite, no amarelo;

- o tarro da marmelada, no iglú verde;

- e a caixa de cereais, no azul.