O OURIZO (MANUEL MARÍA) - Magosto 2015

 

    O seguinte poema tan indicado para a celebración do magosto, foi escrito por Manuel María ao que se lle adicará o Día das Letras Galegas en 2016. Pertence ao seu libro Os soños na gaiola.

     Le primeiro o poema e despois fai o test de comprensión lectora a ver se es quen de superalo. Moita sorte!

O  OURIZO

Co seu ouro vello, mol,

o ourizo ouriceiro

toma o sol

no bico dun castiñeiro.

 

 

Tal un señor moi mandón:

no bico dun castiñeiro

o ourizón

toma o sol moi riseiro.

 

 

O ourizo está moi ledo

coa súa casa ben pechada

-ouh, que medo!-

de espiñas toda cercada.

 

 

Quer botar unha risada

e os seus dentes arregaña

case un nada:

e xa fuxiu a castaña...!