O NOSO HORTO: Investigación e exposición

    Aquí están os nenos e nenas traballando coas miniquest propostas.

    O primeiro paso é a investigación e busca de información:

Despois sintetizar e organizar esa información para recollela nun mural:

 

    Tamén fixemos o noso propio pesticida natural contra o pulgón, a araña vermella e a mosca branca:
     1º) Trituramos 3 dentes de allo, 2 cebolas e 3 chiles.
     2º) Mesturámolo con 2 vasos de auga.
     3º) Filtrámolo
     4º) Diluímolo en 4 litros de auga e listo para pulverizar!!

 

 
Por último, exposición de murais e explicación aos compañeiros do resultado da investigación: