ENTENDES O QUE LES? OS ANTEPASADOS

Entendes o que les?

Propoñémosvos outro poema do Caderno de Traballo de Santillana: Os antepasados

Alá pola Prehistoria

os antepasados nosos

refuxiábanse nas covas

e traballaban os ósos.

 

Metidos dentro das covas,

pintaron moitas paredes!

Para nós son obras de arte

que nos informan sobre eles

 

XIÁN REGODOURO (Adaptación)