SOBRE O ENTROIDO
Acaba de rematar o Entroido pero como non queremos perder ese espíritu de felicidade e alegría; aquí vos deixamos uns enlaces a libros LIM en castelán e en galego sobre esta celebración.
Estes libros LIM foron elaborados pola mestra Ana Martínez
O primeiro é sobre o conto PLUM SE DISFRAZA ou PLUM DISFRÁZASE xa que podedes escoller entre galego ou castelán para escoitar o conto e facer as actividades.
Outro libro é ENTROIDO NA CARBALLEIRA ou CARNAVAL EN EL BOSQUE que tamén podedes encontrar nos dous idiomas.
O último que vos deixamos é sobre unha familia de ratos. Esperamos que vos guste.