XORNADAS MICOLÓXICAS - 2014

     Dentro das Xornadas Micolóxicas de Sober organizadas pola Agrupación Micolóxica Pingadouro e o Concello de Sober, hoxe celebrouse a Xornada Micolóxica do noso colexio.

   Pero este ano, a xornada veu acompañada de mal tempo; por iso, nun primeiro da momento tivemos que quedar na biblioteca escoitando ao micólogo RAMÓN  LOSADA da Asociación Micolóxica de Madrid.

Co que el nos explicou fixemos uns debuxos moi fermosos de setas e de paisaxes de outono.

 

   Despois aproveitamos un momentiño que escampou para saír a buscar cogumelos para a nosa exposición:

  

  

Podedes ver todas as imaxes premendo no seguinte enlace:

GALERÍA DE IMAXES