PROBLEMAS COA VEXETACIÓN

Este ano tivemos  problemas coa vexetación do noso xardín pois a árbore que alí tiñamos que xa estaba alta e era moi frondosa quixo que as súas raíces medrasen polos desaugues dos baños de Ed. Infantil.

Por máis voltas que lle demos non houbo forma de salvala así que tiveron que vir os operarios do Concello para cortala e facer que secasen as súas raíces que xa tupían por completo os desaugues.

Problemas coa vexetación

No seu lugar agora temos plantadas unhas fresas, a ver se polo menos estas dan uns froitos ben ricos:

Problemas coa vexetación