SOPA DE PLÁSTICO (Lectura libro de texto Santillana)

    Hai algúns anos, un científico descubriu por casualidade unha enorme mancha no océano Pacífico.

    Ao examinala de cerca viu que se trataba dunha masa formada por lixo e restos de plástico que flotaban no mar.

    Esta enorme masa de lixo e plásticos é máis grande ca o territorio de España e os científicos bautizárona como a "sopa de plástico".

   Investigouse a orixe da mancha e pénsase que se formou co lixo que botan os barcos en alta mar e cos desperdicios que se tiran nas praias.

    A "sopa de plástico" supón un gran problema para o medio natural porque algúns animais mariños, como as focas, as tartarugas e as baleas, confunden os anacos de plástico con comida e morren envelenados.

    Sabes canto tempo tarda en se descompoñer o lixo se o botamos ao mar?

     Unha bolsa de plástico tarda 150 anos!

Unha botella de plástico tarda 450 anos!

      Unha lata de refresco 200 anos!

     Unha botella de vidro tarda 1000 anos!

 

 

PARECEUCHE INTERESANTE? FAI CLICK AQUÍ