O TORDAVISCO (ÁLVARO CUNQUEIRO)

    "A pedra de afia-las agullas" non é tal pedra, senón o ovo dun paxaro que lle chaman tordavisco.

     O tordavisco é coma un galo, e non hai quen o mire, que de día é verde, de noite mouro e, cando neva, branco é.

     É o máis listo de tódolos paxaros: tan así que cando se ergue, polas mañanciñas, vai o tordavisco e métese na súa cama, e aproveita que a deixou quente o cuco.

     O avó do tordavisco é verde e fala. Asusta aos nenos que andan aos niños nas silveiras, dicindo a berros: Quen anda aí?

XA  O  LICHES?

FAI CLICK AQUÍ