Funcionamento do comedor

  1. Os alumnos do segundo e terceiro ciclo de Primaria poñerán as mesas á hora do recreo. Cada día correspóndelles a catro alumnos seguindo as quendas establecidas no taboleiro de anuncios para cada día do mes.
  2. Ao finalizar aas clases da mañá os alumnos entrarán no comedor sen correr e sen alborotar e sentaranse no seu lugar, o cal se establece o primeiro día de cada curso.
  3. Os nenos de Primaria estarán distribuídos de maneira que en cada mesa haxa nenos de todos os cursos. Ademáis sentaranse un ou dous profesores en cada unha delas para vixiar e organizar.
  4. Os nenos de Educación Infantil sentaranse todos xuntos nunha mesa máis pequena e ao seu lado colocarase outra máis grande onde comerán a profesora de Infantil, a encargada do comedor e dous nenos ou nenas de sexto curso de Primaria, que o farán por quendas semanais. Tanto as profesoras coma os alumnos ou alumnas serviranlles a comida aos nenos de Infantil, axudaranlles a cortar os alimentos cando sexa nacesario e recollerán o seu servicio.
  5. Nas mesas de Primaria os nenos maiores encargaranse de servir despois de que a cociñeira poña as fontes e bandexas nun carro no comendor. Tamén recollerán as fontes e levantarán os manteis cando todos teñan terminado de xantar.
  6. Ao rematar, cada neno poñerá o seu servizo nun carro que a cociñeira levará de volta para a cociña.
  7. Os desperdicios botaranse en diferentes baldes que se atopan no mesmo comedor, separando os envases (botellas de plástico, bricks, iogur...), o papel e os restos orgánicos.
  8. Finalmente, e tamén por quendas semanais, os alumnos levarán os residuos aos colectores de recollida selectiva de lixo que se atopan no exterior.
  9. Todos os días hai un primeiro prato, un segundo e unha sobremensa. É obriga comer de todo e o alumno que rexeite algún prato debe probar un pouco para familiarizarse co seu sabor.
  10. Non se debe berrar. Hai que falar baixo.
  11. Non se debe levantar, agás no caso de nacesidade, como servir, recoller ou ir ao sevizo.