O NOVO XARDÍN

     Fai tempo que lle vimos dando voltas ao espazo que temos debaixo das escaleiras principais do colexio. Queriamos facer algo nel porque non nos gustaba como estaba:

ESPAZO BAIXO A ESCALEIRA

Como é un espazo interior ao que non lle da a luz do Sol non podiamos plantar nada nel... ou si?

Quizais   unhas flores de cores?

Pensando, pensando, pensando... ocurriúsenos o seguinte:

1º) Pintamos uns cartóns de leite de verde para os talos

Cartóns de leite pintados

2º) En caixas de cartón de cereais, galletas, zapatos... debuxamos flores e follas que despois pintamos de cores

Flores e follas debuxadas   Flores e follas pintadas

3º) Pegamos as flores e as follas aos talos.

Flor

4º) Colocamos tódalas flores no seu lugar para conseguir o noso xardín de flores de cores.

xardín florido

Agora xa temos un soleado, florido, fermoso e alegre xardín!