SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024: luns

 Durante a Semana das Letras Galegas, o alumnado do cole estivo desenvolvendo varias actividades arredor da escritora Luísa Villalta homenaxeada este ano.

 

   Primeiro achegámonos á súa biografía da man dos biblioaxudantes Carlota, Germán e Javier que como tamén son membros do club de lectura, xa coñecían a esta autora polo traballo realizado nas últimas sesións do club e con esa información prepararon un resumo da súa vida ademais de compartir co resto do alumnado o vídeo elaborado polo alumnado do CEIP Chans - Bembrive coa música "I love it" de Icona Pop con letra e voz de Ana M. García.

 

 

  Despois presentamos o Certame de Investigación Letras Galegas sobre o autora homenaxeada no que lle propuxemos ao alumnado unha batería de preguntas sobre a súa vida e a súa obra basadas no material publicado polo Seminario Galán.

 
   Dependendo do nivel ao que ían dirixidas, as repostas ás preguntas podíanse encontrar nos carteis recibidos ou ampliando información a través da investigación.
 

 

    O alumnado de Infantil tamén se achegou á vida desta autora cunha pequena ficha que incluía un código QR con información adaptada á súa idade.