DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR (02/05/2024)

     O Día Internacional contra o Acoso Escolar  conmemórase o 2 de maio coa finalidade de concienciar sobre este problema que afecta a escolares de todo o mundo: agresións, insultos, motes, bloqueo social, coaccións... 

 

 

       Para loitar contra este problema e contra actitudes que non queremos no noso centro rescatamos un libro que xa ten uns aniños Estou gordecho, ¿e qué? de Severino Calleja. Aínda que a gramática non segue a normativa actual pareceunos un libro moi interesante para reforzar a idea de que hai persoas moi distintas fisicamente e iso non pode influír no respecto hacia elas.

 
  Comezamos facendo unha reflexión co alumnado sobre aqueles aspectos físicos do noso corpo que poden facernos diferentes e despois escollemos algunhas destas diferenzas para ilustralas: pasa algo se teño o nariz grande? ou se son moi alto? que pasaría se estivese gordecho? e se estivese moi delgado?...
 
 

 

   Despois fixemos unha choiva de ideas para buscar un lema contra o acoso escolar e finalmente elaboramos un mural para poñer nas escaleiras principais do colexio por onde subimos e baixamos a ver se de tanto velo, conseguimos que o alumnado se conciencie sobre este tema.

 

 

 Para rematar lembrámoslle ao alumnado que ten o punto laranxa tanto físico (no corredor principal) como virtual (na pácina web do centro) á súa disposición para denunciar calquera acto deste tipo.