AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Alassanne (12-06-2023)

   Hoxe na actividade As familias contan temos a unha familia que ven a contar por primeira vez: a familia de Alassanne.

   Alassanne e a súa nai Natalia leron o conto Te quiero (casi siempre) de Anna Llenas e trouxeron un montón de actividades preparadas.

 

 

     Antes de ler, Natalia fixo unha actividade introductoria para que o alumnado coñecese aos protagonistas, Lolo e Rita, e comprendera de forma física que se lle facemos dano a alguén, podemos pedir perdón pero nunca poderemos borrar de todo o dano que lle fixemos.

Despois comezou a lectura e con ela coñecemos mellor a Lolo e Rita que son dous bichos moi diferentes.

 
    Lolo é un bicho bóla e Rita é un vagalume e aínda así son moi amigos; pero ás veces as súas diferenzas fan que a amizade non sexa doada: Lolo é o rei da camuflaxe e Rita brila como ninguén e voa moi alto.

 

    Todo ía ben ata que un día a Rita empeza a cansarse da coraza de Lolo que se converte en bóla para refuxiarse e a Lolo empeza a parecerlle que Rita brila demasiado e que voa tamén demasiado alto....

 

       Así é como comezan a distanciarse, ata que un día Lolo intenta abrandar a súa armadura e Rita intenta voar un pouquiño máis baixo...

 

      Pouco a pouco irán decatándose de que as diferenzas non son imposibles de salvar e de que o feito de adaptarse aos demais respectando o que os fai diferentes, fará que atopen un punto de encontro.

 

   Despois, ao rematar a lectura, estivemos facendo as actividades propostas por Natalia para coñecer  mellor aos nosos compañeiros e un mural coas receitas de felicidade que elaboraron.

 

   Para rematar, subiron aos estudios de radio para gravar o conto e que todos poidades escoitalo.

 

 

MOITAS  GRAZAS  AOS  DOUS  POR  VIR  A CONTARNOS  ESTA  HISTORIA SOBRE  A  AMIZADE  E  O  RESPECTO!!

GALERÍA  DE  IMAXES