VISITA PAPÁ NOEL 2022

    Un ano máis o Concello de Sober organizou a visita de Papá Noel ao noso colexio e un ano máis foi unha visita moi emocionante para os nosos nenos e nenas pero tamén para os adultos porque non hai nada máis bonito que ver a súa ilusión e as súas caras de felicidade cando o ven chegar e se achegan a el; por iso queremos compartir as imaxes deste encontro, compartindo así a súa ilusión con todos vós.

 

    Na galería de imaxes atoparedes todas as fotos de cada neno/a e por grupos familiares aínda que faltan algúns que lle tiveron medo e non se quixo achegar a Papá Noel.

MOITAS  GRAZAS  AO  CONCELLO  POR  ORGANIZAR  ESTA  VISITA  TAN  ESPECIAL!

GALERÍA  DE  IMAXES