X SEMANA DA MÚSICA (20 a 25/11/2022)

    Con motivo de Santa Icía, patroa da música, celebramos por décimo ano consecutivo a Semana da Música do noso colexio.

 

       Durante toda a semana, ían aparecendo na entrada da biblioteca diferentes probas para que o alumnado investigara e averiguara moitas cousas sobre a familia de instrumentos á que se lle adicou este ano a semana musical: A FAMILIA  DE  VENTO  MADEIRA.

 

 

     Para completar a actividade, o venres achegáronse ao centro Laura Rodríguez e Luis Fernández, nai e pai das nosas compañeiras Mencía e Candela, ámbolos dous mestres de clarinete.

 

    Con eles coñecemos moitas cousas sobre estes instrumentos: as súas partes, a súa historia, as cualidades do seu son e outros instrumentos da familia como o requinto ou o clarinete baixo.

 
   Outra cousa que aprendemos foi a importancia da respiración para tocar un instrumento de vento así que fixemos algúns exercicios para practicar a respiración profunda e intentamos tocar cunhas palliñas.

 

   A actividade tamén contou coas alumnas do colexio que tocan instrumentos de vento-madeira (Yanira, Libertad, Iria, Mencía, Candela e Silvia), entre todos ofrecéronnos un concerto durante o que interpretaron varias obras.

 

 
 
 
    Para rematar, Laura e Luis foron os encargados de facer entrega dos agasallos aos participantes no certame de investigación e os premios aos que mellor o fixeron.

 

 
Moitas grazas Laura, por este tempo e por todas as túas explicacións tan didácticas!
 
Moitas grazas Luis, por sacar un ratiño da alcaldía para estar con nós!
 
Moitas grazas compañeiras, por compartir a vosa arte cos demais nenos e nenas do cole!