DIVIÉRTT PARK (21-06-2022)

     Por fin, despois da época Covid, retomamos as excursión de Fin de Curso!!

    Queriamos levar ao alumnado a un sitio divertido que non estivese condicionado polo tempo, así que finalmente decidimos ir a DivierttPark, un parque multiaventura de ocio interior en Santiago; e menos mal! Porque co que choveu ese día...

   O primeiro que fixemos ao chegar foi a merenda de media mañá para coller forzas para todo o que lles esperaba.

 

      Despois, repartidos en grupos, foron pasando por todas as zonas do parque: 

    1. Circuíto vial: espazo que imita á vía pública no que conducindo un coche ou triciclo deberán respectar as zonas sinalizadas con liñas, semáforos, sinais, pasos de peóns...

 

    2. Zona de baile: para mover o esqueleto seguindo diferentes ritmos.

 

    3. Zona de xogo: xogos de sempre e xogos máis novidosos para divertirse sen parar.

 

    4. Circuíto multiaventura e tirolina: formado por unha serie de obstáculos con dous niveis de dificultade como pontes, redes, cordas... os que superaron o segundo nivel puideron tirarse pola tirolina de 25 metros!

 

 

 

 

  Tras pasar máis de 3 horas divertíndose nos diferentes espazos do parque, chegou a hora de comer mentres desfrutábamos dun espectáculo de malabares.

 

 

Se queredes ver todas as fotos deste día: GALERÍA  DE  IMAXES