DESPEDIDA NAMAN (27-5-2022)

   Hoxe despedimos a  Naman Arora, o auxiliar de conversa que tivemos no centro desde xaneiro ata agora; xa que a primeira parte do curso estivo no IES A Pinguela, centro educativo co que compartimos esta praza.

   El estivo co noso alumnado durante as clases de inglés pero tamén en psicomotricidade, Educación Física e Plástica para mellorar o seu nivel inglés oral; así tod@s puideron ter un par de clases á semana con el.

   Para que leve de recordo do seu paso por Sober, entregámoslle un libro cos debuxos e textos que o alumnado lle fixo como mostra de agarimo.

 

 

  Desexámoslle un bo regreso á India!

WE  HOPE  YOU  ARE  VERY  HAPPY!!