LETRAS GALEGAS 2022: COLABORANDO CON OUTRAS BIBLIOTECAS

     Como sabedes, a nosa biblioteca e a BPM de Sober, formamos parte dunha agrupación de bibliotecas públicas e escolares da Comarca de Lemos: o Colectivo Lemos Le.
 

     Este ano quixemos homenaxear a Florencio Manuel Delgado Gurriarán ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas, elaborando un vídeo no que poderedes descubrir varios datos sobre a súa biografía e ver os videopoemas elaborados por diferentes bibliotecas do colectivo.

     A nosa aportación ao vídeo podedes vela nos minutos iniciais nos que o alumnado de 4º e 6º de Primaria fai a presentación e achéganos á vida do autor con pequenas pinceladas da súa biografía; e no poema Cantiga da vindima recitado polo alumnado de 3º e 4º de Primaria.