CAMPAÑA DE PROMOCIÓN BÁDMINTON +PLUS BY TOYOTA

     Os alumnos de 3º a 6º de primaria durante a mañá do 28 de maio, participaron na Campaña de Promoción Bádminton +Plus by Toyota da man de Jesús Gómez, Presidente e adestrador do Club Escola Rosalía (Vigo).

   Separados en grupos de convivencia, os rapaces e rapazas aprenderon os nomes dos materiais cos que se xoga ao bádminton, un pouco de historia deste deporte e como chegou a España, sendo Vigo a porta de entrada e Galicia, unha das comunidades que máis deportistas de bádminton teñen federados.

   Despois, foron practicando agarres básicos da raqueta e os golpes máis sinxelos con volantes de iniciación primeiro e logo de competición.

    A continuación, aplicaron estes xestos técnicos a situacións xogadas e terminaron xogaron primeiro partidos individuais e por último, partidos de dobres mixtos.

    Os alumnos gozaron e aprenderon moito deste deporte tan técnico e apaixonante como é o bádminton.