OS NOSOS SISTEMAS SOLARES (05-05-2021)

O alumnado de 3º e 4º curso de Educación Primaria realizou un proxecto sobre o  Sistema Solar  e, para coñecer e interiorizar mellor moitos dos contidos traballados na materia de Ciencias Socias elaboraron estas marabillosas maquetas.
 
 
 
Desfrutaron moito mentres compoñían as súas creacións e, a nosa biblioteca, reloce aínda máis bonita con estas verdadeiras obras de arte.
Algunhas son colgantes, outras brillan na escuridade…
Ata tivemos a vistita dun pequeno extraterrestre chegado de Urano!!
 

 

 
 
Xa estamos listos para despegar rumbo ao espazo!!! Acompáñasnos?