SAMAÍN 2020
Nesta ocasión, a pesar do coronavirus, tamén quixemos conmemorar esta data aunque de forma un pouco diferente polo que a exposición de cabazas e outros obxectos terroríficos cambiámola por un vídeo terrorífico con imaxes dos nenos e nenas que quixeron participar e dalgunhas das súas cabazas... Mirade atentos!!
Outra das actividades foi unha nova edición do Certame de creación literaria terrorífica para alumnado de 3º a 6º de Primaria no que lle damos ao alumnado o principio dun libro que debe continuar. Este ano os libros foron Pápote a bicos de Carmen Gil para 3º e 4º de Primaria e Mortiña e o amigo pantasma de Barbara Cantini para 5º e 6º de Primaria: