MAGOSTO 2019

    Esta é época de castañas e magostos... e, por suposto, no cole tamén facemos o noso!!
 
 
   Comezamos o día na biblioteca cos biblioaxudantes. Valentina falounos un pouco desta tradición e das diferenzas entre un ourizo de castaña e un ourizo mamífero.
 
 
  Zaira Salgado leunos o poema "O magosto" da obra Cantos de sol a sol de Xosé Neira Vilas:
 
Na punta da póla
o ourizo regaña
e dende as espiñas
axexa a castaña.
 
Castaña ridente
redondiña e chea
achégate ao lume
que hai festa na aldea.
 
Hai festa rachada
no cabo da eira, 
hai cantos e bailes,
castaña festeira. 
 
Ti es a señora
que chega na cesta
alma do magosto
raíña da festa.
 
 
    A continuación Pablo Pérez, recitou o poema "O ourizo" lo libro Os soños na gaiola de Manuel María:
Co seu ouro vello, mol,
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no pico dun castiñeiro.
 
Tal un señor moi mandón,
o ourizón,
no pico dun castiñeiro
tomando o sol moi riseiro.
 
O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
-ouh, que medo!-
de espiñas toda cercada.
 
Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada,
e xa fuxiu a castaña...! 
 
   Podedes escoitar os dous poemas na emisión de Lecturradio de hoxe:

    Xa pola tarde foi o tempo de asar as castañas e de comelas
 
Podesde ver todas as fotos no enlace: